O PP de Melide pide máis seguridade vial na travesía de O Ribeiro

01.06.2022

Son varios os veciños que se dirixiron ao PP de Melide para poñernos en antecedentes do problema de seguridade vial que hai na estrada que vai cara Toques, tendo que pasear polo arcén debido á maleza que invade as beirarrúas. 

O PP por terceiro ano consecutivo, sinala a necesidade de que o goberno bipartito local presione á Deputación da Coruña para que faga os labores de limpeza que lles corresponda e a quen lle corresponda. 

Así mesmo, chama novamente a atención sobre a suciedade e a falta de mantemento en zonas comúns de titularidade municipal que non son causa nin dun nin de dous meses...Tomen nota señores do bipartito...teñen moito traballo por diante...

Melide non merece un goberno tan negado como o que sofre actualmente. Nin co básico cumpren.