O PP de Melide pide explicacións ao bipartito Pérez – Prado pola falta de colaboración co IES para implantar un ciclo de FP

30.06.2022
  • O PP de Melide solicita explicacións por escrito ao bipartito Pérez - Prado para que explique aos melidenses o porqué non contesta aos requirimentos do Consello Escolar do IES de Melide relativos á necesidade de espazos para implementar un ciclo de FP na vila.
  • "Co antigo Centro de Saúde inutilizado e sendo propiedade do Concello de Melide non entendemos porque non se coopera axeitadamente coa comunidade educativa para implantar novas opcións formativas e profesionais na vila, máis aínda, co desafío que traerá a implantación de ALTRI na comarca" sinala a portavoz do PP, Dalia García.

Melide, 1 de xullo 2022.- Os populares de Melide pediranlle explicacións ao goberno de Pérez e de Prado ante a súa ineficacia manifesta á hora de atraer investimentos na comarca que se plasma incluso no "silencio que manteñen para non lle dar unha resposta á comunidade educativa que reclama espazos necesarios para levar adiante o proxecto dun ciclo de FP" sinala a portavoz popular Dalia García.

"A calada por resposta" é o que os populares achacan ao goberno bipartito AM-PSOE encabezado por Pérez ao que "o cargo lle queda claramente moi grande" sinalan dende a formación. A dobre vara de medir desta xente manifestase agora: cando estaban na oposición moitos deles se cansaron de dicir que o PP non facía nada e non estaba interesado en ampliar a oferta formativa do IES de Melide. Pois ben, cando todos os IES de toda Galicia medran en oferta formativa debido a flexibilidade que outorga a formación dual o goberno bipartito Pérez-Prado dá a calada por resposta ante a solicitude de espazos necesarios para implementar formacións alternativas. Dalia García, portavoz dos populares melidenses, "é incríble que cos metros cadrados que están desaproveitados no antigo centro de saúde melidense non se teñan proxectos para Melide de interese como o é este, máis cos desafíos que imos ter que abordar coa implementación de multinacionais coma ALTRI na comarca; a innación é o pasotismo é o selo de identidade deste desgoberno que nin sequera ataende ás convocatorias do Consello Escolar do IES".

Os populares consideran inaceptable que un curso máis se perda a oportunidade de ofertar novas alternativas académicas no IES de Melide.