O PP de Melide parabeniza á Consellería de Medio Rural polo decreto da parcelaria Golán-Grobas-Baltar
O Consello da Xunta ven de aprobar hoxe o decreto de inicio da parcelaria Golán-Grobas-Baltar que pasou todos e cada un dos trámites específicos previos á aprobación do proxecto.
Dende o PP de Melide recibimos esta nova como unha moi boa noticia que creará nun futuro extensión suficiente para facer más compititivo o agro melidense contribuíndo así á ser a segunda das parcelarias realizadas en Melide.
A portavoz popular, Dalia García, sinala que "o traballo feito no anterior mandato xunto cos veciños e veciñas destas tres parroquias da os seus froitos ao decretar no día de hoxe a Xunta o inicio deste proxecto; seguramente na vindeira lexislatura veremos concentradas e polo tanto ordenadas as propiedades desta parte do Concello".
Os populares agradecen a colaboración que sempre tiveron da veciñanza que contribuiu a iniciar o proceso á petición propia no ano 2016.