O PP de Melide mostra o abandono ao que o bipartito Pérez-Prado somete ao rural

25.09.2022
  • Os populares mostran a súa preocupación pola imaxe que Melide está dando no Camiño de Santiago. Dalia García, portavoz do PP de Melide, sinala "gustaríame saber a que se dedican os actuais responsables municipais porque é evidente que as fotografías que achegamos non se corresponden a unha deixadez dun día nin de dous; Melide e os seus veciños e veciñas non merecen este abandono"
  • Pola súa banda, os populares preguntarán no vindeiro pleno sobre os procedementos de limpeza de solares a particulares que o bipartito AM-PSOE ten finalizados xa que son numerosos os veciños e veciñas que se nos achegan para preguntar de quen é a competencia: somos claros e taxantes, a competencia en suelo urbano e núcleo rural é do Concello de Melide e non da Xunta de Galicia como habitualmente os responsables municipais informan aos afectados para evitar iniciar os expedientes pertinentes. 
  • Este é so un exemplo máis do que lles importa a quenes nos gobernan actualmente o que é de todos!