O PP de Melide mostra a súa preocupación polo estado das infraestruturas viarias nas 26 parroquias melidenses

19.04.2022

O PP de Melide mostra a súa preocupación polo estado das infraestruturas viarias nas 26 parroquias melidenses

  • O PP de Melide vén de recibir varias queixas veciñais sobre o estado das vias rurais que posúe o Concello que provocan danos en vehículos así como queixas continuas nas explotacións gandeiras.
  • "Son moitos os veciños que durante estos días nos mandaron fotografías de como se atopan os viais no rural; todos os investimentos feitos en aglomerado en quente son, tres anos despois, froito do traballo da nosa época, agora o desdeixo e a nula ou esmorgada inversión no rural deste bipartito, notáse, sinala Dalia García"

Melide, 19 de abril de 2022.- O PP de Melide vén de recibir varias queixas sobre do estado de firme dos viais que conectan o casco urbano melidense coas parroquias. Dalia García afirma que "os veciños e veciñas de Melide do rural non son cidadáns de segunda pero parece que o son para este goberno: durante 3 anos de mandato todos os investimentos de pavimentación no rural en aglomerado en quente son froito da época do PP e a distribución dos fondos para obras é case nulo durante esta lexislatura para as 26 parroquias melidenses o que se está a notar o seu abandono". Para o PP melidense non é novo a defensa dun investimento equilibrado entre o rural e o urbano ao igual que se viña facendo durante os mandatos populares, non obstante, esta tónica mudouse cando Pérez entrou a gobernar, din os populares, que o seu nulo coñecemento da realidade rural melidense fai que a deixe relegada a un segundo plano. "Durante estos días tanto os concelleiros e concelleiras como eu mesma recibimos fotografías e videos sobre o estado dos víais de acceso á explotacións, plantacións e mesmo a núcleos rurais que dan auténtica pena, sinala a portavoz melidense". "Co goberno bipartito de Pérez Melide ten cidadáns de primeira e de segunda pagando os impostos máis altos da historia melidense" din dende a formación popular.

"Unha farola para amarrar unha fachada dunha casa"

Os Populares melidenses tamén chaman a atención sobre a denuncia que lle chega da veciñanza nunha das casas situada estrada DP 4601 onde o concello utiliza o mobiliario público dando unha imaxe "moi pobre" de Melide. É o caso dunha farola que non se atopa en mal estado que está facendo de contrapeso a unha vivenda que se encontra inhabitada durante hai máis de tres décadas e que amosa serios problemas de boa conservación. "As chambonadas deste bipartito non teñen límites" sinalan dende o grupo municipal popular quen rexistrarán unha petición no Concello para evitar corresponsabilidades ante este tipo de prácticas graves e perigosas por parte dos dous máximos responsables en obras: o alcalde e o tenente alcalde.