O PP de Melide lamenta que sexa o Concello de Melide quen se aproveite da actividade deportiva das asociacións e clubes da vila
- O PP de Melide lamenta que a pesar de telo advertido noutras ocasións, unha vez máis, sexa o goberno de Pérez-Prado o que se atreva a "aproveitarse da gran canteira deportiva e cultural que posúe a nosa vila para publicitar como propia unha Liga de Pádel obrigando aos participantes "a pagar o aluguer da pista así como establecer medidas pouco respetuosas coas ordenanzas xurídicas e fiscais vixentes"
- Dalia García, portavoz do PP de Melide lamenta que "en vez de axudar e incentivar o deporte ou a cultura na nosa vila este goberno bipartito se apropie de ideas alleas para vendelas como propias e o que é peor, non axude aos promotores ou participantes co pagamento das inscripcións á federación, asegure o bo desenrolo das probas así como facilite a gratuidade das instalacións aos participantes no torneo"

Melide, 23 de septembro 2022.- O PP de Melide vén de lamentar que unha vez máis o bipartito Pérez-Prado publicite como propio un torneo organizado dende a iniciativa privada e que se atreva nese mesmo anuncio a non proveer aos participantes da gratuídade das instalacións situadas no Palacio de congresos ademáis de establecer condicións de dubidosa legalidade segundo as ordenanzas locais. "Sempre se facilitou por parte do Concello de Melide a vida ás asociacións tanto culturais como deportivas; non se entenden anuncios feitos dende os medios de comunicación institucionais que por unha banda, cuasi indiquen que a iniciativa parte do Concello, e polo tanto, non hai ningún tipo de problema para a utilización e promoción deste evento e por outra, se poña un prezo público para realizar o torneo e se estipulen ordes de preferencia nunhas instalacións que son de titularidade municipal" sinalan fontes populares. Dalia García, portavoz dos populares melidenses, lamenta unha vez máis a "incongruencia e incompetencia manifesta deste bipartito que afogado polos tempos está máis interesado en cortinas de fume que en traballar a prol do deporte toda vez que para outros eventos si financia os custos xerais para levalos a cabo". García avanza que farán o seguimento desta decisión na vindeira sesión ordinaria do pleno municipal.