O PP de Melide lamenta que por terceiro ano consecutivo as parroquias sexan as grandes esquecidas do bipartito AM-PSOE

01.02.2022
  • O PP de Melide lamenta que o bipartito AM-PSOE non denuncie publicamente a baixada de investimentos do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, que no caso de Melide, supón un 32,35% menos de investimento total en termos comparativos coa anualidade do ano 2021.
  • Pese a que a política da formación que lidera Dalia García é apoiar as obras, no caso do POS+2022 o PP explica a súa posición no caso do proxecto da "Posta en valor da Rúa Concepción Arenal e outras" que ascende a 183.248 € debido a que non se proxecta a reposición da rede de saneamento así como non se atenden ás cuestións que DX Patrimonio Cultural fixo para a Rúa Rosalía de Castro, unha rúa moi céntrica e afectada pola área de protección da Capela de San Roque ao igual que a Rúa Concepción Arenal: se volve a optar polo aglomerado en quente e non se realiza a rede separativa. 
  • Dende o Pp lamentan igualmente que so 50.000 euros de 483.358,55 se deriven ao rural melidense a pesar de que as necesidades son moitas e moi variadas.

Melide, 2 de febreiro de 2022.- A valoración do PP de Melide sobre o POS+2022 que presenta o bipartito melidense é, en palabras da portavoz melidense, "falto de expectativas e de proxecto de pobo". Lamentan dende as filas populares que o bipartito AM-PSOE se venda aos intereses do PSOE na Deputación da Coruña e non reclame o que é por dereito de Melide, xa que a baixada de investimento é significativa: case un 33% menos que no ano 2021. "Estamos a falar da maior fonte de financiamento que posúe un Concello e Pérez e Prado calan ante este atraco aos melidenses" sinala Dalia García, a portavoz dos populares qenes a súa vez puntualizan: Prado recorre aos peores anos da crise económica 2012 ou 2013 para xustificar investimentos menores da Deputación da Coruña cando nin existía daquela o POS+ e había máis de cinco plans económicos que englobaban o total do investimento; Pérez non agradece nin os investimentos que a Xunta fai en Melide para os que non tivo nin que moverse da alcaldía confundindo incluso os investimentos da Deputación de 2016 en diante cando xa gobernaba o BNG e o PSOE no organismo provincial. É lamentable ver como quenes nos gobernan non teñen nin sequera idea do que é a Deputación: o ente local que nace xustamente para opoiar os Concellos. "Reclaman a Xunta o que non lle pertenzce por dereito e plegánse sen rechistar á baixada de fondos da Deputación sen mencionar que enganden ao investimento dos 279.000 euros que asignan a gasto corrente" puntualiza García. 

 Ademais, en canto aos investimentos, sinalan que so un pequeno proxecto, que parece unha "propina" cuxo importe é de pouco máis de 50.000 euros, é o que se destina ao rural melidense a pesar de posuír Melide 26 parroquias. "É unha mágoa que por terceiro ano consecutivo teñamos que soportar que o rural é so un slogan político para o bipartito pero que está totalmente esquecido; se nos demais plans de obras o rural non se viu beneficiado nin por un so euro en investimento, nesta anualidade, 50.000 euros de 483.000" reiteran os populares. Recordánlle tanto a Pérez como a Igrexas que a maior parte do investimento feito no rural débese a proxectos orzamentados e aprobados polo PP dos que teñen a ben loubarse constantemente. Igrexas é fan de manipular os datos pero existe a hemeroteca.

Manifestan igualmente que como oposición estricta dende o PP faise un estudo exhaustivo dos expedientes e tal como se demostrou no caso do modificativo da Rúa Rosalía de Castro, a DX de Patrimonio Cultural instou a redeseñar o proxecto inicial porque adoecía de eivas manifestas que expresamos no pleno. No caso do  proxecto da " Mellora de Pavimentación e Seguridade Vial na Rúa Concepción Arenal y otras" ao non contar esta rúa cun estudio de mobilidade así como o impacto da decisión na veciñanza, ademais de non contar o proxecto con rede separativa e tan so de rede de pluviais fixemos constar esta posición no pleno ao non poder votar os proxectos por separado. 

Dende o PP lamentan que o expediente do POS+2022 esteña pragado de erros que o Alcalde e os seus socios nin sequera detectan e ante preguntas de coñecemento xeral non se saiba nin sequera falar dos propios proxectos. 

En próximas entradas desmenuzaremos máis partes do pleno.