O PP de Melide lamenta que o bipartito AM-PSOE tire do aforro municipal para financiar gastos que tiñan que estar contemplados no presuposto municipal

- No último pleno ordinario celebrado o luns día 3 de outubro o bipartito Pérez-Prado aproba cos votos de calidade do alcalde unha modificación orzamentaria a apenas un mes de entrada en vigor do orzamento 2022.
- 350.000 euros que se dilapidarán en partidas orzamentarias que deberían estar recollidas previamente no orzamento municipal que o bipartito trouxo a pleno o pasado agosto.
- Dalia García, a portavoz dos populares melidenses sinala "o bipartito quere maquillar a mala xestión económica do seu goberno tirando dos case 4.8 millóns de euros de aforro municipal sen que esto repercuta en novas infraestruturas e servizos para a vila"
Melide 7 de outubro de 2022.- Cun orzamento municipal aprobado oito meses tarde, no que o goberno de Pérez xa leva feito dous axustes por importe de 1,2 millóns de euros, un ano máis os veciños de Melide pagarán os mesmos impostos e recibirán menos a cambio. O PP de Melide sinala que se ben os informes da Intervención Municipal xa advertían dende o mes de febreiro que o gasto en bens e servizos debería de controlarse pola situación de recesión económica na que se atopa a zona euro o alcalde, J.M. Pérez, aproba unha partida orzamentaria financiada con aforros municipais de 600.000 euros. De esa modificación so 250.000 euros van destinados á sufragar custes de enerxía eléctrica sendo o resto distribuído en diferentes partidas que segundo os informes económicos financieros dos que dispón o PP ningunha partida vai destinada a financiar obras, infraestructuras ou melloras na calidade de vida dos veciños e veciñas de Melide.
Financiar con aforro municipal partidas como "Prensa, revistas, libros e outras publicacións", "Xuridicos contenciosos", "Outros Traballos realizados por outras empresas e profesionais" ou mesmo "Outros gastos diversos" onde se destinan partidas de ata 150.000 euros resulta canto menos sorprendente cando hai un mes que se presentaron os orzamentos no pleno.
Dende o grupo municipal do PP de Melide lamentamos profundamente que esta mala xestión recorrente ano tras ano como se pode extraer dos informes técnicos municipais non destine o aforro das arcas públicas a baixar impostos, mellorar servizos ou incrementar infraestructuras nun momento tan delicado para a economía das familias.