O PP de Melide lamenta que o agobio de AM-PSOE por tardar en executar obras afecte ao fin da tempada de fúbol campo
- O PP de Melide aplaude a necesaria actuación do cambio de céspede no campo de fútbol municipal que se aprobou por unanimidade dos tres grupos políticos presentes na corporación a conta dun Plan de Obras e Servizos Municipais da Deputación da Coruña.
- Dalia García, "aplaudimos a actuación e apoiamola máis lamentamos que ás présas dos actuais responsables municipais eiven o desenrolo da temporada futbolistica na nosa vila, pois con tan so dilatar o comezo un mes os rapaces e rapazas non terían que moverse a outros Concellos; a día de hoxe no saben cando e onde van a entrenar"
- Os populares recriminan así ao bipartito local a premura por iniciar obras antes do período de sombra cando tiveron tempo suficiente de realizalas antes, ou no seu caso, pospoñelas coa debida planificación ata fin de tempada.
Melide, 4 de marzo de 2023.- O PP de Melide aplaude a actuación de reposición do céspede do campo de fútbol municipal. É unha actuación que nós, como formación, levabamos no programa, polo que cando se propuxo ao pleno, quizáis compartimos que o ideal era buscar convenios máis apoiamos igualmente financiar esta obra que se aprobou por unanimidade. A cuestión non é esa, senón que, a un mes de rematar a tempada se inicien as obras, lamentando que a premura sexa a cita electoral do vindeiro maio e non se tivera en conta o calendario deportivo.
Dende o PP consideramos que o ideal sería deixar rematar a tempada sen obrigar ás distintas categorías a desprazarse a diferentes concellos o que dificultará sen dúbida algunha os entrenamentos e a conciliación coa vida laboral e familiar, destacan os populares, quenes recollen o malestar de boa parte das familias.