O PP de Melide lamenta que a decisión de que o mercado se localizara no entorno do Multiusos fóra un engano para os melidenses agochado baixo o pretexto da existencia da pandemia

27.05.2022
  • Nos últimos días vimos que o goberno de AM-PSOE instaurou unha sinalética vertical na Ronda da Coruña que localiza o acceso ao "Mercado dominical" a través da Rúa Galicia.
  • Dalia García, portavoz dos populares melidenses, "isto demostra que o bipartito AM-PSOE realmente sempre quixo mover o mercado para o entorno do Edificio multiusos, utilizou moitas argumentacións que hoxe se demostran baleiras, enganando a veciños e comerciantes, ofrecendo incluso unha comisión de estudo do mercado que nunca se puxo en marcha"
  • Os populares de Melide sinalan que son moitas as voces que lles fan chegar o sentir xeral do comercio local"mentres que o domingo antes era o mellor día para os comercio local e incluso para a hostalería, hoxe, o domingo é peor incluso que un día calquera"

Melide, 27 de maio 2022.- O bipartito AM-PSOE acaba de destapar a súa verdadeira cara, sinalan os populares melidenses, ao instalar na Ronda da Coruña a sinalética vertical cara a Rúa Galicia coa lenda "Mercado dominical". 

Dous anos despois, en pleno ano de superación da pandemia, acordalles sinalar o "Mercado dominical" lamentan os populares, quenes no seu día xa advertiron das repercusións de decisións como dividir o mercado de froita e verduras, de trasladar sen previo aviso aos ambulantes, de non buscar canles de colaboración entre hostalería, comercio local e feireantes para localizar o mercado noutras rúas e cumprindo sempre os protócolos de seguridade, o que trae como consecuencia, segundo os testemuños recibidos polo PP "estamos planteandonos pechar os domingos; o que antes era o mellor día da semana, agora, lamentablemente, é un dos peores".

Ao instalar esta sinalética o PP demostra así que a intención orixinaria do bipartito de J.M. Pérez non foi outra que mover dunha vez por todas o mercado dominical do Cantón de San Roque de das principais arterias do casco antigo, onde primixeniamente sempre se mantivo o mercado. "Pérez e os seus socios enganaron a Melide, porque sempre foi a sua intención cambiar o mercado de localización; lamentablemente, executaron esta decisión con "alevosía" nunca defenderon esta decisión directamente, enganaron a varios comerciantes que no seu momento protestaron e pediron explicacións, en definitiva, enganaron a Melide e mailos melidenses.