O PP de Melide informa sobre a tardanza na contratación na Escola Infantil Municipal do persoal de apoio así como no caso de varias disciplinas do Conservatorio de Música

15.10.2022
  • "So despois de que o PP preguntase no pleno ordinario do mes de outubro por esta situación se aceleraron os trámites para a contratación de dito persoal sen o cál arrincou o curso 2022/2023 na Escola Infantil Municipal e mailo Conservatorio de Música Profesional" sinalan dende a formación popular.
  • Analizando a documentación que consta na páxina web municipal dende a publicación das bases da convocatoria o pasado mes de agosto non foi ata esta última semana cando se contratou o persoal de apoio para a Escola Infantil Municipal, cando xa se tiña pechado o prazo de matrícula ordinario deste centro e iniciado o presente curso.
  • Dalia García, portavoz dos populares melidenses sinala "non so existe falta de previsión por parte do goberno bipartito AM-PSOE senon que so se move cando o PP pregunta por algún expediente; o mesmo pasa co Conservatorio Municipal que non conta desta hora nin con profesor de violonchelo, nin de acordeón nin de clarinete xa que estas foron as prazas que non se declararon fixos discutinuos por sentenza e polo tanto os procesos selectivos deben realizarse igual".

Melide 14 de outubro de 2022.- O Pp de Melide lamenta que a mala xestión dos servizos públicos municipais a pesar do elevado gasto en persoal do bipartito encabezado polo alcalde J.M. Pérez repercuta nos veciños e veciñas de Melide. Dende o PP sinalan que ao bipartito lle levou máis de dous meses finiquitar o proceso de selección do persoal de apoio da Escola Infantil Municipal aínda cando as bases son as mesmas ano tras ano para este tipo de procedementos.

"Non hai excusa xa que cando finaliza o curso anterior xa se fai unha previsión do alumnado que reservará praza no vindeiro curso no centro" sinala a portavoz popular Dalia García, quen considera inadmisible que dende agosto a Escola Infantil Municipal estivera sen persoal de apoio. "Foi a pregunta plenaria que o Grupo Municipal do PP rexistrou para o pleno do mes de outubro o que volveu activar o procedemento" reiteran dende o grupo municipal popular.

Dous meses para un proceso selectivo cuxas bases son prácticamente as mesmas convocatoria tras convocatoria. 

Pódese consultar o anuncio da convocatoria do 12 de agosto de 2022 picando aquí

E o resultado final do procedemento do 7 de outubro de 2022 picando aquí


O Conservatorio: sen profesores de tres disciplinas iniciado o curso

Recordan os populares que aos que antes criticaban os procedementos agora que lles toca gobernar obvian publicitar as bases para a contratación de tres docentes nun lugar visible das RRSS municipais para a contratación de tres docentes para a disciplina de violonchelo, clarinete e acordeón  co fin de esquivar as críticas xa que iniciado o curso non contan con profesorado por segundo ano consecutivo.

Isto, unha vez máis, desmostra que o bipartito AM-PSOE non regulariza co seu inxente gasto en persoal as necesidades do Concello de Melide e os servizos públicos non melloran; mentras Pérez e Prado dilapidan o aforro de todos os melidenses sen ofrecer máis mellores servizos públicos a cambio.