O PP de Melide lamenta a opacidade do bipartito AM-PSOE no expediente de derribo das casas
- O PP de Melide recibiu no día de onte a contestación do bipartito AM-PSOE no que cita á portavoz popular, Dalia García, á consulta do expediente o día 8 de marzo de 2022.
- García considera que "dilatar á consulta do expediente case dous meses supón unha clara xogada de Pérez para evitar que o PP poida actuar axeitadamente no seu labor de oposición, case dous meses despois, que pasará con esta xente?"
O PP recibiu onte a notificación do bipartito municipal onde se cita á portavoz da formación azul para a consulta do expediente o vindeiro día 8 de marzo. Dende a formación municipal consideran que nun tema de especial transcendencia municipal aprazar a consulta das accións levadas a cabo polo bipartito AM-PSOE ten unha finalidade clara: ocultar as verdadeiras intencións do bipartito encabezado polo alcalde J.M. Pérez respecto aos pasos que dará o seu goberno neste asunto, cuestión que supón unha extrema seguridade xurídica aos afectados.

"Lamentamos que se nos dilate intencionadamente a consulta a este expediente, case dous meses despois non sabemos o que pode pasar con este asunto e polo tanto a nosa labor informativa queda postergada aumentando a inseguridade xurídica dos afectados" sinala Dalia García, a portavoz popular.
Por outra banda, dende o PP melidense preguntánse cal é a finalidade deste prazo. O alcalde esforzase en contestar algunhas cuestións das que solicitamos consultar nun alarde de moralidade, algo moi propio da súa persona, sinalan dende a formación conservadora, pero non se nos da audiencia para o verdadeiramente importante: que pasará coa persoa afectada que segundo os propios informes sociais municipais non conta con recursos suficientes para adquirir unha nova vivienda? Cal é o trámite no que se encontra o expediente? É compatible que o Concello gaste un total de 53.240 euros en asistencia xurídica e volte a contratar ao Bufete de avogados do anterior bipartito BNG-PSOE, daquel BNG do que algúns que eran edís nacionalistas agora o son de AM?
Dende o PP seguirán traballando para recolectar toda a información e rematar coa opacidade coa que o bipartito está tratando este asunto.