O PP de Melide lamenta a imaxe de Melide provocada canto pola aparición de múltiples puntos de vertedoiros incontrolados que o bipartito AM-PSOE non soluciona a pesar de seren informados da situación
- O PP de Melide lamenta que teña que ser a oposición a que continuamente informe ao bipartito AM-PSOE das situacións de vertedoiros incontrolados que se atopan ao longo da vila para que solventen.
- "Isto exemplariza o desleixo do goberno de Pérez sobre da xestión diaria do Concello o que se traslada a unha imaxe dun Melide desordenado e desdeixado, un goberno que so se move a golpe de oposición" destaca a portavoz popular, Dalia García.
Melide, 21 de abril de 2022.- Son numerosas as queixas que o PP de Melide vén de recibir e trasmitir ao bipartito AM-PSOE sobre enseres abondonados, puntos de vertido incontrolados así como a deixadez e falta de limpeza no mobiliario urbano durante meses que so se arranxa no caso de que se denuncie na prensa.
En concreto, en varias rutas periurbanas que a veciñanza utiliza para pasear e que están consolidadas ao longo do tempo como "senda do colesterol", pódense encontrar imaxes de abandono de enseres e o conseguinte dano ao medio ambiente sen que o o bipartito AM-PSOE faga nada durante meses.
Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, sinala que "temos denunciado publicamente multitude de situacións nos que non hai mantemento no mobiliario público, puntos de vertedoiro incontrolado que so se solucionan se o informa a oposición, mobiliario público roto ou extremadamente falto de mantemento que funciona da mesma maneira: so se soluciona se o denuncia o PP".
Isto demostra, din os populares o pouco traballo que os responsables municipais realizan sobre da xestión diaria do pobo o que deriva nunha imaxe moi mala da nosa vila. O PP seguirá facéndose eco das demandas veciñais así como instando a que quen é responsable faga o seu traballo.