O PP de Melide insta ao bipartito Pérez-Prado a realizar un correcto mantemento da rede de sumidoiros para evitar enchentas como as que se están sucedendo

17.06.2022
  • O grupo municipal do PP vén de detectar que nos gastos que aparecen recollidos nos últimos decretos non existe un adecuado mantemento da rede de sumidoiros.
  • "Nunha primavera na que as autoridades autonómicas nos alertan dunha situación de pre-seca é inaudito que a rede de sumidoiros municipal se desborde diariamente en cada treboada, temos múltiples fotos e queixas veciñais que así no lo trasladan"

Melide, 17 de xuño 2022.- Dende o Pp de Melide piden ao goberno bipartito municipal que se adique unha partida de obras como se viña realizado anteriormente nos gobernos populares á limpeza en profundidade dos puntos da rede de sumidoiros municipal.

"A pesar de que estamos nunha das primaveras máis secas tal e como o recollen e comunican os rexistros autonómicos, - situación de prealerta por seca-, á mínima precipitación a rede de sumidoiros melidenses desbordase; isto ten so unha explicación: unha falta de mantemento fragrante" sinala a portavoz dos populares, Dalia García.

Dende o PP levamos tempo denunciando que as obras que se proxectan por parte do bipartito AM-PSOE non conlevan a pesar da crítica da oposición un investimento en redes separativas; todas as redes que se realizaron foron grazas a proxectos deixados polo anterior executivo local ou convenios que xa se tiñan traballado polo Pp coa Xunta de Galicia; este desleixo lévanos a situacións como a que vivimos esta semana, onde camiñar pola beirarrúa en determinadas arterias principais de Melide é impracticable tal e como nos din os veciños e amosamos en fotografías.

Os populares indican que esta é unha mostra máis de que o bipartito Pérez-Prado é un goberno que lle sae caro aos melidenses en todos os sentidos: coroase en ineficacia e falta de servizos públicos básicos como é o mantemento dos sumidoiros municipais, neste caso.