O PP de Melide insta ao bipartito de AM-PSOE a retirar información falsas sobre a subida do IBI no noso Concello

09.12.2021

Foto tomada das RRSS pertencentes ao Concello de Melide o pasado 7-11-2021

  • O PP de Melide xa rexistrou a denuncia perante a Valedora do Pobo ao utilizar o bipartito melidense dos independentes e do PSOE a páxina institucional de todos e de todas para culpabilizar á ex-rexedora, Ánxeles Vázquez, da revalorización catastral nos núcleos rurais do noso Concello, entre outras moitas instrumentalizacións dos medios de comunicación municipal que so poden calificarse como CENSURA. 
  • A portavoz popular, Dalia García, rexistrou igualmente hoxe mesmo a solicitude dun informe ao bipartito municipal para coñecer cal será o impacto económico que terá a recadación do "catastrazo" nas arcas municipais, incluídos os atrasos, que Melide, ao non alegar nin opoñerse, tamén cobrará. Cren os populares que será esta subida de impostos a que equilibre os gastos en persoal incrementados en case 600.000 € coa aprobación da nova RPT.

Melide, 8 de decembro de 2021.- O PP de Melide insta ao goberno local a retirar a alusión e culpabilización de decisións de calado municipal como é o caso da revalorización dos coeficientes catastrais nos núcleos rurais de Melide cara a ex-rexedora municipal Ánxeles Vázquez, quen agora ocupa cargos de responsabilidade no goberno galego. 

Dende o PP a súa portavoz, Dalia García, considera "inaudito" este comportamento dos independentes xunto co PSOE que ralla o "infantilismo político". Din os populares, nunca antes se sinalou, instrumentalizando mentiras e expedientes facilmente comprobables, a páxina de todos e de todas @s melidenses para ensuciar á imaxe de ex-cargos municipais, algo ao que reiteradamente se apuntan tanto o alcalde como o seu servidor necesario, J.A. Prado.  

Recordan os populares que publicar datos falsos dende un medio público é un delito suxeito ao amparo constitucional, algo do que deben estar hoxe en día advertidos. Dende as filas da formación conservadora municipal non lles sorprende esta actitude dos actuais responsables municipais, cunha teima que roza o enfermizo cara os cargos do PP que anteriormente ocuparon a responsabilidade da xestión pública local. 

Dende o Pp insisten: 

  1. A regularización catastral que se executou ata o ano 2015 fíxose de maneira obrigatoria nos 8.132 municipios de España que non regularizaran os novos inmobles así como as melloras nos existentes. Foi a aplicación dun mandato europeo que o Goberno Español daquel entón tivo que acatar. 
  2. Para paliar esos efectos desfavorables aos veciños o PP (2015-2019) baixou o tipo impositivo de 0,55 a 0,45 (tipo actual) e bonificou actividades no rural ata o 100% no caso de actividades agro gandeiras. 
  3. Tal como fixo público o PP a revaloración dos coeficientes en núcleo rural (Os Ánxeles, Furelos, Campos, Santa María, O Ribeiro...etc) ten como data o 25 de novembro de 2020 baixo o goberno de AM-PSOE que NON exercitou nin unha soa alegación ao respecto

Que fixo este goberno? NADA que non fose subirlle os impostos aos veciños e veciñas de Melide aínda tendo 4,5 millóns de euros herdados polo PP nas arcas municipais. 

Podes consultar a nota de prensa na seguinte ligazón