O PP de Melide insta ao bipartito AM-PSOE a executar sin dilacións o proxecto se rehabilitación do cauce do Río Furelos que Augas de Galicia trasladou ao bipartito o pasado xaneiro

08.06.2022
  • O PP de Melide realizou no día de onte un rogo no que a portavoz popular e o seu grupo instaron a que o proxecto que Augas de Galicia remitiu ao bipartito o pasado xaneiro cos informes sectoriais oportunos se executase como prioridade un para o goberno de Melide.
  • Dalia García "o nome de Melide non pode continuamente saír vinculado á contaminación e puntos vermellos nas augas so porque o alcalde e o seu goberno sexan incapaces de executar unha obra menor que solventaría un problema de gran entidade para Melide"

Melide, 8 de xuño de 2022.- No pleno ordinario celebrado no día de onte o grupo municipal popular propuxo un rogo ao bipartito co fin de que "Melide deixe de estar vinculado a elementos negativos relacionados co medioambiente facendose eco da nova que Axencia Galega do Mediambiente lanzou no día de ónte onde fai referencia a que o Furelos é un punto vermello pola cantidade de sedimentos e contaminación que acumula".

Noticia El Correo Gallego 08-06-2022
Noticia El Correo Gallego 08-06-2022

O PP considera que o bipartito municipal utilizou o río furelos como reclamo electoral pero en este momento, aínda tendo a solución enriba da mesa, non prioriza un investimento esencial para Melide e polo que o PP loitou durante o seu mandato o que en todo caso, demostra que tanto para Adiante Melide como para o PSOE era simplemente un slogan máis.

O alcalde expuxo que "o executarían se tivesen investimento" algo que é inaudito a xuízo dos populares debido a que o bipartito de Adiante Melide e do PSOE herdaron o Concello máis saneado da historia de Melide: 4,5 millóns de euros de aforros, cando estamos falando de 216.000 euros necesarios para este proxecto. Hai que recordar que 216.000 euros é un investimento que no Concello de Melide é viable, toda vez que, cun orzamento prorrogado do ano actual é o do 2021, un orzamento que preveu 600.000 euros para a piscina climatizada municipal e por segundo ano consecutivo, non se executan e segue pechada, polo tanto se tiveramos que executar duas obras desta contía aínda sobrarían cartos, apuntala a portavoz popular, Dalia García.

Dalia García: "é inadmisible que co proxecto de Augas de Galicia xestionado enriba da mesa con todos e cada un dos permisos sectoriais sigamos agardando a que o bipartito de Pérez reaccione; o que demostra e que o programa electoral era iso, puramente iso, promesas"