O PP de Melide insta ao bipartito AM-PSOE a analizar e reforzar a seguridade da vila na Xunta Local de Seguridade ante os últimos roubos acontecidos no centro urbano
- O PP de Melide insta ao bipartito AM-PSOE que reúna de inmediato a Xunta Local de Seguridade para analizar os últimos acontecementos de inseguridade localizados no centro urbano ben nas intermediacións das entidades bancarias así como os últimos nos comercios da vila e en establecementos hostaleiro.
- Dalia García, portavoz dos populares melidenses "solicitaremos información para saber se o bipartito Pérez-Prado reforzou as quendas da Policía Local así como si solicitou ante a Delegación do Goberno un reforzo de efectivos de Forzas e Corpos de Seguridade despois de que o PP denunciara hai uns días situacións de tiróns continuados que tiñan por obxecto persoas de idade avanzada"
Melide, 20 de xullo de 2022.- O PP de Melide solicita que se reúna de inmediato a Xunta de Seguridade Local para analizar a situación de inseguridade do municipio e se reforce a presenza das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ante o aumento de poboación no núcleo urbano nos meses de verán e despois dos últimos acontecementos acaecidos na nosa vila. "No día de onte houbo novamente dous intentos de roubos no mesmo centro do pobo o que prexudica a imaxe de Melide, do Camiño de Santiago e aos propios veciños e comerciantes" sinala Dalia García, a portavoz do PP de Melide.

O PP de Melide denunciou hai días esta situación que se saldou coa detención nos últimos días dun sospeitoso de realizar ata seis subtraccións. A portavoz dos populares melidenses sinala que "pedirán responsabilidades de si se reforzou ou non a seguridade dende que o PP o pediu así como instan ao bipartito AM-PSOE a reunir a Xunta Local de Seguridade inmediatamente e analizar a situación de roubos continuados no municipio para reforzar a vixilancia e impedir, na medida do posible, situacións de inseguridade recorrente no municipio que danan a imaxe de Melide e do Camiño de Santiago".