O PP de Melide informa que a solicitudes de transparencia xestionadas ante a Valedora do Pobo foron admitidas a trámite pola alta comisionada autonómica

07.03.2022
  • O PP de Melide informa que as queixas que tramitou no seu día ante a Valedora do Pobo foron admitidas a trámite pola alta comisionada autonómica. Por unha banda iniciaronse labores de investigación ante a situación do PP na Radio Municipal e por outra, rematan de recibir os populares a admisión á trámite da queixa relativa á convocatoria das comisións informativas sen ter respetado os prazos establecidos no ROF.

Melide, 8 de febreiro de 2022.- O PP de Melide informa sobre a marcha dos expedientes que se viu obrigado a tramitar ante a Valedora do Pobo. Dalia García a portavoz dos populares melidenses subliña que "ambos dous expedientes de queixa tramitadas pola nosa formación ante a Valedora do Pobo foron admitidos a trámite e actualmente atópanse en fase de instrución no Concello de Melide".

O primeiro dos expedientes ten que ver co uso totalmente partidario da Radio Municipal e das páxinas webs institucionais pagadas cos impostos de todos e de todas: mentras que o PP non espazo na emisora como en anteriores mandatos onde cada tres semanas había unha programación adicada á política municipal de uso libre polos partidos agora dende que o bipartito AM-PSOE goberna o PP foi silenciado e o que é máis grave, vilependiado dende as páxinas e RSS institucionais. O outro expediente, do que hai poucos días que foron informados da súa admisión por parte do equipo da Valedora, é aquel no que o PP tramita a queixa sobre do non respeto aos tempos á hora de ter convocado as comisións informativas que non se axusta á legalidade vixente.

O PP avanza que non permitirá que se lle quiten os dereitos que por amparo legal posúen para exercer a oposición, cuestión que intentan de maneira reiterada dende o goberno municipal.