O PP de Melide informa os veciños de Baltar, Grobas e Golán do inminente proceso de concentración parcelaria que se decretará o vindeiro outono en M.Rural
- O PP de Melide xunto coa Secretaria Xeral do PPG e deputada autonómica, Paula Prado, cos veciños de Baltar - Grobas e Golán en cada seu centro social para informar de primeira man do proceso de concentración da terra que en breve se decretará en M. Rural como se anunciou no Consello da Xunta.
- Un total de 2.835 fincas, 335 propietarios e unha superficie que se concentrará finalmente 1.117 ha.
- Dalia García, portavoz dos populares de Melide "En xullo de 2016 a petición dos veciños solicitámoslle a Xunta o inicio do proceso de avaliación para o decreto de desenvolvemento dunha reestruturación parcelaria nesta zona e nas últimas semanas, o Consello da Xunta vén de anunciar que se decretará o próximo setembro-outubro, sinal que se fixeron ben as cousas"
Melide, 28 de xullo 2022.- O PP de Melide iniciou no pasado mandato (xullo 2016) a necesidade de iniciar concentrar terreo nas parroquias de Baltar, Grobas e Golán como continuación do proceso iniciado hai anos na parroquia de Maceda e Orois a petición da veciñanza desa zona.
No DOG do 30/06/2021 rematouse o Estudo de Impacto Ambiental para posteriormente concluír que o estudo preliminar posibilita que esta zona de Melide poida incluírse na reestruturación parcelaria mencionada, documento que foi distribuído á veciñanza.
Dalia García, portavoz dos populares melidenses considera "o alcalde de Melide vende todo o que a Xunta fai por Melide para aproveitar cada minuto para silenciar a oposición incluso non deixando os centros sociais ata o último día cando foron solicitados hai unha semana para realizar esta reunión; o PP de Melide é un partido fiable, de goberno, que demostra que traballou no seu momento polas demandas veciñais, e é por iso, grazas ao esforzo dos veciños, se poderá decretar a parcelaria o vindeiro setembro".
Os populares melidenses agradecen a presenza e a información provista sobre o tema de Paula Prado, Secretaría Xeral dos Populares e confían que nos próximos meses poidan informar do estado do procedemento.
DOCUMENTACIÓN