O PP de Melide informa da reticencia de Pérez-Prado á hora de facilitar os centros sociais veciñais das parroquias ao PP
O PP de Melide quere informar aos veciños das prácticas caciquís dun Concello que pensa que os centros sociais son seus cando son de uso e desfrute dos veciños e veciñas que ben ou doaron o terreo para facelos ou ben doaron a propia edificación aínda que o Concello debe, na medida do posible, mantelos mellor do que están: maleza, falta de limpeza e ornato en xeral.
FEITOS
O PP de Melide solicita os centros sociais de: Escola Vella de Baltar e Golán o pasado xoves 21 de xullo para o seu uso o día 28 de xullo. Prega que, co galo de organizar o acto, se lle conteste coa rapidez oportuna. A continuación mostramos as fotos que o atestigüan.
Pasan os días e o PP non recibe a confirmación para utilizar os locais ata o día 27 pola mañá.
Non obstante, o bipartito AM-PSOE non lle contestou ao PP ata un día antes do día solicitado, o que implica un marxe moi pequeno para organizar un acto e avisar á xente, pero o alcalde sí reservou o martes 26 para realizar unha visita ás mesmas parroquias que o PP o día 21-07-2022 solicitara como se pode comprobar na documentación anterior.
Que casualidade, unha reunión a mesma semana sobre o mesmo tema cando o PP o solicitou previamente!!

O PP seguirá traballando por Melide e polos intereses do rural melidense.
É máis, como no día de ónte dixo a nosa portavoz, Dalia García, "tiñan que vir máis ao rural para ver o desdeixado e olvidado que está: sen desbrozar, sen sequera mantemento nas pistas das parroquias e con máis impostos e menos servizos; teñen medo e están desesperados porque están en tempo de desconto, doutro xeito non se explica a súa actitude".