O PP de Melide esixe que o Concello de Melide deña as explicacións pertinentes pola desorganización do Día do Neno

23.08.2022
  • Foron moitos os afectados que "indignados" se puxeron en contacto co PP de Melide para pedir información e comentar cal era a situación a pesar de que na páxina oficial do Concello de Melide anunciaron un 50% de rebaixa nas atraccións de feira para os máis cativos iso non se cumpriu, sentencia a portavoz dos populares melidenses, Dalia García.
  • Así mesmo, o PP sigue agardando un comunicado por parte do Concello de Melide, que é, en última instancia o responsable dos festexos toda vez que é o titular do dominio público e o convenio coa asociación de festas atópase sen asinar, xa que a desorganización administrativa e de xestión do bipartito AM-PSOE é manifesta "cando se aproba o orzamento do ano en curso en agosto" sinalan fontes populares.

Melide, 23 de agosto de 2022.- O PP de Melide pide explicacións ao bipartito melidense AM-PSOE de porqué os nenos e nenas melidenses non disfrutaron do tradicional desconto do día do neno nas atraccións de feira a pesares de ser anunciado horas antes nas páxinas oficiais do Concello de Melide unha rebaixa do 50%. "Foron varios os afectados que se puxeron en contacto con nós para comentarnos a situación que se estaba a dar, en moitos casos descontos de 0,50 ctms. de euro en vez do supostamente pactado: unha rebaixa do 50% do prezo" sinala a portavoz popular Dalia García. Os populares consideran que este "é un exemplo máis da desorganización e falta de xerencia que representa o bipartito AM-PSOE para Melide; puidemos constatar falando cos feireantes que ninguén pactara nin os informara desas condicións, e de "motu propio" decidiron rebaixar nalgúns casos tan so 0.50 ctms. por ser o último día de festa", o que a xuízo dos populares é moito máis grave.

Por outra banda, os populares melidenses siguen agardando explicacións por parte dos responsables municipais de porqué se cancelou un concerto dunha formación melidense considerando que o Concello de Melide é un apoio fundamental para aqueles que no día de hoxe conforman a Asociación de San Roque e polo tanto, non pode ser alleo a decisións que non foron explicadas nin razonadas por parte de ningún responsable municipal.

Os populares consideran que "Melide está a sufrir un goberno ausente preocupado tan so por sobrevivir, deixando a nosa vila en o respeto e preponderancia que se merece".