O PP de Melide esixe ao alcalde que se reúna de urxencia coa Xunta de Seguridade pola problemática okupa que existe en Melide
- O PP de Melide considera que é un asunto "prioritario" que se traten os asuntos de seguridade que asolan a Melide coas autoridades que teñen competencia, é dicir, coa Delegación do Goberno.
- "Perez debe deixar de buscar o seu interese persoal e ver que socio lle financia a campaña electoral e centrarse dunha vez por todas nas necesidades dos veciños e veciñas de Melide que se ven avocados a pagar empresas privadas de seguridade para recuperar as súas propiedades" sinala a portavoz popular, Dalia García, en alusión á reunión que o alcalde tivo a semana pasada coa Subdelegada do Goberno no que non trascendeu ningún asunto se seguranza municipal.

Melide, 28 de septembro de 2022.- O PP de Melide insta a Pérez a reunirse con urxencia coas autoridades que teñen a competencia en seguridade, é dicir, a Delegación do Goberno en Galicia co fin de tratar temas de prioridade municipal: a situación de propiedades ocupadas en Melide. Durante as últimas semanas foron varias os veciños que nos alertaron da situación "hai máis de dúas ducias de persoas ocupando propiedades privadas sen ningún tipo de control por parte do bipartito AM-PSOE" sinala a portavoz popular, Dalia García. É lamentable que non se soliciten reforzos ante situacións de tanta inseguridade obrigando a veciños e veciñas a acudir aos servizos de empresas privadas para desaloxar ocupas das súas vivendas. A situación de inseguridade é tan palpable e a pasividade do Concello tan evidente que ata se instalou unha piscina en plena rúa e ningunha autoridade local reaccionou a pesar de ser alertados.
Dende o PP de Melide sinalan que ante esta situación que se non se atalla pode ir a máis os que nos gobernan deben asumir a responsabilidade e deixarse de intereses persoais para atender ao que realmente sucede en Melide, que lamentablemente, parece ser o último da lista dos actuais responsables municipais. García subliña "é moi común que cargos do PSOE se paseen co rexedor melidense pola vila máis parece que hai outros intereses ocultos máis que conseguir investimentos ou neste caso, un aumento de seguridade e reforzo de efectivos que o PP leva solicitando dende hai meses vistas as necesidades".