O PP de Melide dubida da legalidade na contratación do persoal que atende a oficina de turismo de Melide
- O PP de Melide sinala que dubida da "contratación a dedo" do persoal que atende a oficina de turismo da localidade, situada dende hai tres anos nos baixos do Concello de Melide.
- Dalia García, portavoz dos populares melidenses, "no último pleno preguntamos sobre a legalidade do proceso e o bipartito Pérez-Prado fíxoo oídos xordos, como de costume a todo o que lle preguntamos, o que nos indica que estamos no certo".
- A oficina de turismo atópase aberta e non houbo ningún procedemento público de contratación. Tampouco se fixo público o nome da empresa a través da cal se "encubre" a contratación.
Melide, 19 de xullo de 2022.- O PP de Melide dubida da legalidade do procedemento de contratación de persoal que posibilitou a apertura da Oficina de Turismo do Concello de Melide. "Nin procedemento público, nin chamamento a través do INEM, e cal é o motivo? Cando outros Concellos ou ben tiran de listas de emprego ou ben recorren aos sistemas de provisión de emprego público que seguen estando activos para a contratación despois da reforma laboral; este "modus operandi" do alcalde e o seu socio é "sospeitoso e indica fraude na contratación" sinalan dende o PP de Melide.

A CE sinala que os procedementos teñen que ser conforme aos principios de publicidade, mérito e capacidade, cuestión que tamén reforza a Lei de Emprego de Galicia acorde á Lei estatal; utilizar unha tapadeira para contratar persoal afin, que é o que presuntamente parece que fixo o alcalde e o seu socio é un fraude laboral moi claro.
"Solicitaremos o expediente de contratación da oficina de turismo e os correspondentes informes, a pesar de ter feito xa unha pregunta plenaria ao respecto da que non obtivemos resposta, porque consideramos que de externalizarse o servizo tería que terse respectado o procedemento; nin se respecta o da Lei de contratos nin se respectan os principios da Lei de Emprego de Galicia; o bipartito Am-Psoe non ten limites" destaca a portavoz popular Dalia García.