O PP de Melide denunciará ante a Comisión de Transparencia as neglixencias do bipartito Pérez-Prado ante as dificultades interpostas no acceso aos expedientes municipais

12.07.2022
  • O PP de Melide realizou unha reiteración do escrito de acceso ao expediente da Foliada de Melide que consultou o día 23 de xuño despois de telo pedido a finais de abril toda vez que comprobou que non estaban incluídos os contratos de patrocinio que o Concello de Melide distribuíra polos locais de hostalería co motivo de celebración deste evento.
  • Recibido o escrito por parte do Concello onde se empraza ao PP de Melide novamente ao acceso ao expediente o vindeiro 22 de agosto o grupo popular decide poñer en coñecemento da Comisión de Transparencia o "modus operandi" de ocultamento reiterado de información e falta de respecto a legalidade vixente para que ditamine o modo de proceder no acceso aos expedientes municipais aos que o PP accede nunha media de 2 meses, cando a lei é clara: nun prazo máximo dun mes.

Melide, 12 de xullo de 2022.- O PP de Melide denunciará ante a Comisión de Transparencia Galega a continua falta de información que se lle nega ao PP. Dalia García, portavoz dos populares melidenses "temos unha media de dous meses de acceso a un expediente municipal cando se piden copias esos dous meses elevanse a catro cando a lei de transparencia galega marca un prazo claro de como máximo un mes; reiteramoslle ao alcalde melidense que retificara tendo como resposta novamente o acceso ao mesmo expediente o día 22 de agosto, polo que decidimos, unha vez informados xurídicamente, que denunciaremos o caso ante a Comisión de Transparencia" sinala a portavoz, quen considera ademáis "inaudito e lamentable que se negue e obstaculice o acceso aos expedientes municipais simplemente porque o bipartito Pérez-Prado utiliza, unha vez máis, o Concello como un ente partidista e privado, cando o Concello é un Concello de todos".

Dende o PP non van permitir que a media de acceso aos expedientes para informar a veciñanza ante peticións que recibe o PP sexa de mínimo dous meses, e cando se accede, non se inclúa toda a información. Motivo polo cál tomará as medidas de amparo provistas pola lei.