O PP de Melide denuncia que o bipartito AM-PSOE sigue negando dar a información que lle corresponde ao PP para facer a súa labor de oposición
- O grupo popular melidense vén de acceder hoxe 23 de xuño, dous meses despois de telo solicitado, ao expediente no que solicitaba unha serie de documentación sobre a Foliada de Melide, expediente do que so se lle dou traslado á oposición de dous documentos.
- O PP insta ao bipartito Pérez-Prado a que nun prazo non máis aló de 10 días rectifique e poña a dispor do PP os contratos de patrocionio que distribuíu polos locais, asinados polo rexedor municipal así como o informe tanto xurídico como económico que debe de existir ao ter repercusión na facenda pública municipal.

Melide, 23 de xuño 2022.- O Pp de Melide vén de constatar que o bipartito Pérez-Prado sigue negándose a dar a información que solicita o PP incurrindo nunha infracción tipificada pola Lei de Transparencia, sinala a portavoz popular, Dalia García.
Dous meses para acceder a un expediente solicitado o pasado abril, cando a lei tipifica como máximo o prazo dun mes, do que achegamos copia a esta nota de prensa e unha vez que accedemos ao mesmo, vemos que non se nos dá acceso a dous dos tres puntos que solicitamos. "Temos no noso poder os contratos de "patrocinio" que o bipartito de Pérez e Prado instou á súa firma por parte dos locais de hostalería para a celebración da Foliada e hoxe non puidemos consultalos no expediente, así como tampouco o informe que existe sobre eles dos técnicos municipais ao ter o Concello un ingreso que debe xustificar.
Copia do contrato que foi repartido polos locais e que non puidemos consultar no expediente
Pouca sensibilidade do bipartito AM-PSOE cara a sectores primordiais da nosa vila
Por outra banda, apunta a portavoz municipal dos populares melidenses, "o goberno de Melide non posúe a sensibilidade que debe de cara os sectores económicos da vila como é o da hostalería; é dicir, despois de meses tan duros como os da pandemia onde este foi un dos sectores máis castigados polo confinamento e recordemos, nos que o Concello non provisinou ningunha axuda directa ao sector, nun ano no que o Concello recibe un total 12.833,55 € da Deputación da Coruña xunto cos 15.000 € que constan no orzamento municipal para a celebración da Foliada, e vista a boa saúde económica do Concello (recordemos o remanente de 4,5 millóns de euros no ano 2019), non entendemos porque non se tivo en conta esta situación e desistir da utilización destes contratos de "patrocinio" de dúbidosa legalidade".

Puidemos constatar que se recadaron un total de 2.460 € procedentes de locais de hostalaría e un patrocinador álleo a este sector que patrocinou o evento con 1.700 euros.
O PP de Melide advírtelle ao bipartito Pérez-Prado de que obviar documentación ante a petición de calquera interesado e dunha parte importante de veciños e veciñas da vila, representados polo PP está tipificado pola Lei de Transparencia 1/2016 de Galicia, motivo polo cal, se insta a que se rectifique coa máxima celeridade. Pola contra, tomáranse as medidas oportunas que procedan acorde a dereito.