O PP de Melide denuncia o “inmobilismo e estacamento” na xestión pública local da piscina climatizada municipal do bipartito melidense

11.02.2020

O PP de Melide vén de analizar todos os decretos do último pleno ordinario, entre os que están as convocatorias da Xunta de Goberno Local, órgano que debe de aprobar á contratación do servizo da piscina climatizada, comprobada a documentación, e pasados xa 8 meses de legislatura, a formación popular constata o total "abandono" dun servizo de interese público para Melide. 

Cinco meses despois da decisión de Prado e de Pérez, a piscina climatizada municipal fica coas súas portas pechadas, cunha nova aula construída contratada polo Partido Popular, pero sen que nada apunte a unha próxima apertura tal é como asegurou o goberno local na persoa do seu alcalde ou do seu tenente alcalde e concelleiro de deportes, cando se reuniu co persoal da piscina o pasado setembro, afirma a súa portavoz, Dalia García.

Analizada a documentación a que por dereito teñen acceso os grupos políticos con representación antes do pleno ordinario do pasado xaneiro, o Partido Popular de Melide vén de constatar o que xa é unha realidade palpable: "a pesares de non ter ao día ás Xuntas de Goberno Local, asunto do que informaremos cando a Valedora nos conteste, poidemos acceder ás convocatorias deste órgano e constatamos, outra vez, que non hai nin un so decreto de alcaldía ou decisión do goberno que teña que ver coa Piscina Climatizada Municipal de Melide". 

Promesas e máis promesas foron as que no seu día o concelleiro de deportes e o tenente alcalde mellor pagado de Galicia, foi o que realizou coas 6 traballadoras que tiveron que ir ao paro pola incompetencia deste goberno, que priva a día de hoxe, a todos os melidenses, de practicar deporte na súa vila, apunta a portavoz popular, Dalia García. 

Os populares, que deixaron enriba da mesa un estudo económico da piscina climatizada para iniciar a nova contratación, non ven ningún indicio por parte do goberno de Prado ou de Pérez dende que a instalación pechou as súas portas o pasado 4 de setembro, unha absoluta deixadez, a xuízo dos populares,  dos actuáis responsables municipais na xestión pública. 

É máis, apuntan dende a formación, é curioso que no seu momento se excusaran en causas administrativas para non seguir prestando o servizo de explotación da piscina climatizada municipal e hoxe en día, analizados os últimos decretos aos que tivemos acceso, se levanten os reparos de todos os contratos laborais temporais dos traballadores do Concello. 

Como xa manifestamos no seu momento, apunta García, temos un alcalde que escolle o que quere ou non quere levar a cabo ao seu antollo en función das peaxes electorais das últimas eleccións municipais, xa que claramente, o que se pretendía era gañar tempo con anuncios de apertura da piscina nos próximos meses, pero os días van pasando e sobre da mesa non hai nada, e seis traballadoras agardan a ser readmitidas. 

Os feitos son claros, non se moveu nin un so papel, dende o pasado 4 de setembro, para desgraza de todos os melidenses, que cada vez son máis, os que trasmiten as queixas a esta formación sobre este asunto.  

Podes consultar a ligazón sobre a nova no xornal La Voz de Galicia e no Progreso