O PP de Melide denuncia o abandono da área recreativa do Río Furelos por parte do bipartito melidense
- "A área recreativa do Río Furelos merece a atención que necesita" sinala a portavoz popular, Dalia García, quen na visita á praia instou á executar sen dilacións o proxecto que Augas de Galicia entregou ao Concello de Melide case hai un ano.
- Cuns aforros de máis de 4,5 millóns de euros herdados do goberno popular o bipartito de Pérez foi incapaz de executar os 216.000 euros nos que está cifrado o proxecto: nin se incluíu nos orzamentos nin se prevee que se faga, sinala García.
- Os populares urxen a intervención sinalando o prexuízo turístico que supón ter a zona de baño tal como está que ao seu xuízo "provoca que verán tras verán concellos limítrofes se ateiguen de melidenses como é o caso de Santiso ou Toques"
Melide 14 de outubro de 2022.- A portavoz do PP de Melide Dalia García visitou no día de onte a área recreativa do Río Furelos. Alí puido constatar o abandono á que está sometida á mesma provocando un ano máis que o río non drene a acumulación de lodos de maneira natural ao non executar o bipartito melidense as obras que Augas de Galicia indicou xa hai preto dun ano.
"216.000 euros de investimento para os cales o bipartito Am-PSOE non ten excusa: herdaron o Concello máis saneado da historia recente e non son capaces de levar adiante o proxecto que a Xunta de Galicia xestionou con todos os permisos sectoriais favorables" sinala García quen urxe que esta situación se revirta máis pronto ca tarde se queremos por unha banda, recuperar a saúde medioambiental do río nese tramo e por outra, ofrecer unha zona natural de ocio aos melidenses en adecuadas condicións.
Os populares sinalan que a incoherencia do bipartito AM-PSOE é manifesta cada vez que se encontran cun problema cando estaban na oposición esixían o arranxo inmediato do mesmo, pero as cousas cambian cando están se ten que gobernar, sendo o balance o seguinte: máis de tres anos de mandato e un proxecto herdado e xestionado integramente polo anterior goberno popular e son incapaces de orzamentalo herdando un Concello con superavit económico.
García reitera "é lamentable que vexamos que os melidenses acoden a outros Concellos veciños a desfrutar do seu tempo de ocio e o problema de acumulación de lodos agora non preocupe a ninguén cando se corre o risco de que os permisos sectoriais favorables poidan incluso caducar tendo que iniciar novamente todo o proceso".