O PP de Melide denuncia ao SEPRONA o abandono de restos de tubaxes de amianto nunha área protexida polo Camiño de Santiago

11.11.2022
  • O Pp de Melide advirtiu nun escrito rexistrado hai días dirixido ao alcalde da necesidade de tratar adecuadamente os refugallos provocados pola Rúa de San Pedro sen que, ata o momento o Concello, como responsable último tomase medidas.
  • "Vimonos obrigados a denunciar os feitos ante organismos oficiais como é o caso do SEPRONA para que constaten que non se fai un tratamento adecuado dos refugallos da obra, en concreto, esta semana se almacenou material altamente contaminante que ten que ter o seu procedemento de recollida como son as tubaxes de amianto" sinala a portavoz popular, Dalia García.
  • Os populares recibiron queixas de moitos veciños, e advertiron ao bipartito Pérez - Prado, quen a xuizo dos edis conservadores "fai oídos xordos e comete irregularidades constantemente".

Melide, 04 de novembro 2022.- O PP de Melide ven de cursar ante o SEPRONA e outros organismos oficiais a denuncia polo abandono de materiais de obra contaminados na vía pública en territorio afectado pola delimitación de protección do Camiño de Santiago. Dalia García, portavoz dos populares melidenses sinala "é inadmisible que o Concello obrigue mediante licencia de obra aos particulares a pagar o tratamento de residuos xerados na construción, por exemplo, e logo, cando se executan obras, sexa de lonxe a administración máis infractora abandonando cascallos e amianto sen ningún tipo de protección apilados durante días".

O Pp vén de tramitar a pertinente denuncia ante o SEPRONA non sen antes facer pública a necesidade de corrixir a situación cuestión que se lle fixo chegar ao bipartito Pérez-Prado por escrito, sen que, ata o momento, se pronunciaran ao efecto. Así as cousas, os populares fanse eco dos centos de queixas veciñais que recibiron os pasados días en canto a preocupación polo abandono, a salubridade pública e a imaxe que estaba a transmitir a sua vila sen que o Concello fixera casa algún.

Os populares advirten da gravidade da infracción contra o medio ambiente e a saude pública así como as responsabilidades directas do alcalde e o seu goberno no asunto.