O PP de Melide demostra que o informe de secretaría existía antes de ir a pleno e o bipartito AM-PSOE ocultoullo ao PP ata en tres ocasións
- O PP de Melide solicitou o pasado novembro ata en tres ocasións os informes que deberían de ter sido incluídos no expediente no cal o bipartito encabezado polo alcalde J.M. Pérez pretende adquirir directamente ata tres solares no centro urbano por un total de 932.000 euros.
- Hoxe, 24 de xaneiro, case dous meses despois, a portavoz popular, Dalia García, accedeu ao expediente, onde se demostra que existe o informe de secretaría desfavorable á dita operación e que se ocultou ao PP ata en tres ocasións.
- "O alcalde mintiu ao pleno e polo tanto, a todos os melidenses; o informe desfavorable de secretaría que analiza todo tipo de irregularidades foi visto polo alcalde o día 15 de novembro, día no que celebramos a comisión informativa extraordinaria de asuntos do pleno e na que non se nos elevou este informe que el xa coñecía; tampouco se nos deu no pleno, celebrado o día 22 de novembro; os feitos son de extrema gravidade polo que procederemos a actuar en consecuencia" sinala a portavoz popular, Dalia García.

Melide, 24 de xaneiro de 2023.- O PP de Melide vén de demostrar a ocultación de informes de trascendente e prioritaria importancia que o bipartito AM-PSOE encabezado polo independente J.M. Pérez non facilitou á oposición popular aínda que chegamos a solicitalo por escrito ata en tres ocasións.
"O informe xurídico de Secretaría é do día 15 de novembro de 2022; o día en que celebramos a comisión informativa de asuntos do pleno o Alcalde asinou o informe; ese día o PP sae da comisión e solicítalle por escrito os informes xurídicos do expediente, a calada foi a resposta; a nosa sorpresa é que manteñen este informe en segredo, a pesar de solicitalo reiteradamente, ata dous meses despois do pleno: un informe desfavorable, un informe que sinala todo tipo de anomalías xurídicas e procedimentais que sinala que "de efectuarse a compra do solar mencionado nos termos descritos na Memoria da Alcaldía pódemos chegar ata unha anulación das escrituras" segundo o estipulado en dito documento.
Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, avanza "O PP non vai a permitir que o goberno Pérez-Prado atropele a información que temos que ter por lei, por iso, avanza, nos próximos días tomaremos as medidas oportunas, así como o fixemos noutros expedientes que non se cinguían a legalidade para parar prácticas de extrema gravidade que está a realizar o goberno melidense: non hai precedentes na corporación melidense, ata o día de hoxe, de ocultación de informes xurídicos trascendentais que poden poñer, ata en tela de xuízo, a legalidade de acordos plenarios, a que obedece esta grave ocultación de información" sentencia a voceira popular.