O PP de Melide demostra que o bipartito AM-PSOE dilapidou 17.303 € de diñeiro público nun estudo de depuradora industrial que sabía que non tiña percorrido
- O bipartito de AM-PSOE pagou unha factura de 17.303 euros correspondentes a un proxecto básico para unha nova EDAR situada no polígono industrial da Madanela a sabendas de que Augas de Galicia adxudicara xa o proxecto de canalización das augas do parque empresarial á EDAR municipal con custo cero para os melidenses.
- "Pérez e o seu goberno utiliza o Concello para facer oposición a oposición, despreocupándose de gobernar Melide, eivando o desenvolvemente do noso municipio; case tres anos despois, cun proxecto e coa man tendida da Xunta de Galicia son incapaces de solventar o problema" sinalan dende a formación popular.
Melide, 19 de maio de 2022.- O Pp de Melide demostra que o bipartito AM-PSOE dilapidou 17.303 euros de cartos públicos nun proxecto que xa se sabía que non se podía levar adiante sobre unha suposta depuradora no parque empresarial da Madanela.
Durante o ano 2020 o bipartito de Pérez levounos a dous plenos para constatar o evidente: que o único proxecto viable para a depuración de augas do parque empresarial era o licitado, adxudicado e auditado técnicamente por Augas de Galicia, que supón ademáis a única solución viable ademais dun custo asumible para o Concello; pola contra non so unha vez, senón dúas en sede plenaria (maio 2020 e decembro dese mesmo ano), o alcalde melidense tratou de enganar á opinión pública sobre que o proxecto de Augas de Galicia non era factible e non solucionaba o problema e para iso, malgastou 17.303 € con tal de gañar tempo e non seguir coa folla de ruta marcada sobre dun proxecto prioritario para a nosa vila.
"O bipartito AM-PSOE nunca fixo público o que custara o estudo da depuradora municipal no parque empresarial, simplemente se informou nun pleno de que se manexaban presupostos relativos a obra e que unha vez que chegara o proxecto de Augas de Galicia sería finalmente este o que executarían porque o outro non era viable" sinala Dalia García, a portavoz dos populares melidenses.
Dende o PP de Melide veñen de demostrar que o bipartito AM-PSOE contratou a realización dun proxecto básico no que gastou 17.303 € sabendo previamente, como xa llo ten recordado este grupo municipal que era inviable en canto a sostibilidade financiera e a súa eficacia. Isto o único que demostra e que existen en Melide dúas formas moi distintas de gobernar: aquela que se apoia en decisións técnicas e que son ademáis sostibles a longo prazo para os melidenses e outra, a representada polo bipartito actual, que está continuamente rachando as pontes dos consensos en temas de importancia municipal, ata o punto de incluso, ir en contra aos criterios técnicos de Augas de Galicia, quen perde, lamentablemente, son os melidenses.