O PP de Melide demanda un plan de mantemento municipal ante o mal estado de moitos puntos da vila

27.03.2023
  • "Non é a primeira vez que dende o noso grupo municipal reclamamos limpeza e hixiene nas principais rúas de Melide que se atopan, ao noso xuízo, nun estado lamentable" sinala a portavoz municipal do PP, Dalia García.
  • O denominado Camiño das Cabadas, o propio Cantón de San Roque, rúas restauradas na anterior lexislatura como é o caso da Rúa de San Antón, so so un exemplo da falta de realidade do bipartito AM-PSOE tal e como nos trasladan os propios veciños.

Melide, 27 de marzo de 2023.-. O PP de Melide chama a atención sobre o estado de falta de mantemento do Cantón de San Roque, cuxo granito está deterioridado pola falta total de mantemento do bipartito capitaneado por Pérez e por Prado. "AM-PSOE so reacciona á presión que o PP fai diaramente para defender os intereses dos veciños e veciñas da vila; estamos ante un goberno esgotado, sen iniciativas que é incapaz de facerse cargo ata do máis básico como o mantemento das principais arterias da vila" sinala a portavoz popular Dalia García.

Ao grupo popular se lle achegaron varias queixas veciñais para que se arranxen as pedra da Rúa San Antón que se atopan soltas ou rotas, para que se limpe o Camiño das Cabadas, que está cheo de vexetación así como o propio Cantón de San Roque, que dende hai meses ten varias franxas de pavimento en mal estado, varias árbores sen repoñer e un verdin que afea o corazón do Camiño de Santiago en pleno casco urbano.

García apunta que "se os veciños nos confían a xestión municipal o vindeiro 28 de Maio seremos exemplarizantes no coidado e mantemento das principais arterias da vila con especial atención ao Camiño de Santiago; queremos unha imaxe dun Melide dinámico e ben cuidado, que sexa a nosa carta de presentación cara os milleiros de peregrinos que nos visitan, dende logo, este Melide non o é".