O PP de Melide demanda un mellor mantemento das instalacións municipais.

04.04.2022
  • O PP de Melide vén de constatar o total abandono ao que están sometidas as intalacións municipais como os pavillóns da feira de gando e as intermediacións do Palacio de Congresos.
  • "A loita contra o feísmo é moito máis que unha pintura nun mural" sinala a portavoz dos populares melidenses Dalia García quen sentencia "o bipartito AM-PSOE suspende en moitas maneiras e o fermosismo urbanístico é unha delas: nin sequera piden as ordes de axuda da Xunta de Galicia para adecentar os edificios municipais".

Melide, 29 de marzo de 2022.- O PP de Melide reclama máis atención e coidado para os edificios municipais. "Tantas reunións coa subdelegación do goberno para despois ter unha vixilancia nula nas instalacións municipais: a nave da feira é un botellodromo declarado" sinalan fontes populares.

"Tanto o ex-edil do BNG que actualmente é tenente alcalde, Xosé Igrexas, como o tenente alcalde mellor pagado de Galicia, J.A. Prado (PSOE) formaban parte anteriormente da oposición municipal no período 2015-2019 e continuamente reclamaban máis presenza e seguridade no municipio; agora que grazas ao PP se proveeron as prazas de Policía Local resulta que lonxe de notarse non se coidan os inmobles municipais e prolifera o feísmo en cada edificio municipal, véxase o caso do Edificio Multiusos e do Palacio de Congresos" declara a portavoz popular, Dalia García.

A xestión do bipartito AM-PSOE é un "desastre" para Melide, a imaxe de vila ordenada, limpa e vizosa é un patrimonio que o bipartito de Pérez está dilapidando permitindo estas conductas incluso en grafitis aprol da igualdade que se executaron durante o mandato popular, o que é simplemente lamentable, sinala García.