O PP de Melide demanda que o bipartito AM-PSOE faga o mantemento que o “rural melidense” se merece

28.07.2022
  • O PP de Melide insta a Prado e a Pérez que visiten o rural melidense "non porque o PP o faga" senón porque verdadeiramente os veciños e veciñas do rural melidense o merecen.
  • "Detectamos en Grobas un valado que está totalmente derruído por deixadez do bipartito a pesares de que o PP xa lle reclamou varias veces que o arranxarán, pasaron meses e seguimos igual.

Melide, 28 de xullo 2022.- O Pp de Melide reclama un mellor mantemento do rural melidense que se encontra nunha situación de "esquecemento e desleixo absoluto" en tres anos de bipartito AM-PSOE.

Dalia García, portavoz dos populares melidenses "é un despropósito que o rural melidense esté a estas alturas sen desbrozar, as pistas están destrozadas e os mantementos son nulos, por non dicir que os veciños do rural co bipartito AM-PSOE pagan máis impostos e reciben menos servizos".

Os populares melidenses reclaman que se arranxe por perigosidade o valado da parroquia de Grobas porque un animal, vehículo ou incluso unha persoa pode resultar ferido de seguir desa maneira, cuestión que xa lle temos reclamado varias veces ao bipartito local de Pérez-Prado que sigue inmóbil e so move ficha cando o PP de Melide demanda melloras para a veciñanza.