O PP de Melide cualifica a organización do Mercamelide de inverno de “desigualitaria e discriminatoria” por parte do bipartito AM-PSOE

01.02.2022
  • O PP de Melide considera que "diferenciar aos socios e non socios de ASETEM co pago dunha cota nun evento financiado con fondos públicos municipais é un disparate que non beneficia a ninguén" ao fio da publicación que no día de onte o Concello de Melide realizou nas súas RRSS sobre a cota de participación dos comercios neste tradicional evento comercial no que se dí "Non é necesario ser socio/a para poder participar. A cota para non socios/as é de 30 €"
  • Dalia García, a portavoz dos populares sinala que "unha vez máis asistimos a políticas e decisións do bipartito encabezado por J.M. Pérez que non coñecen a realidade de Melide; ASETEM dende sempre colaborou na organización do MERCAMELIDE xunto co Concello pero nunca se fixo discriminación nin diferenciación algunha por ser ou non ser socio de ASETEM, o evento estaba aberto a todo comercio melidense"

Melide, 1 de febreiro de 2022.- Dende a formación conservadora local lamentan que o MERCAMELIDE, un evento dinamizador do comercio que se viña celebrando anualmente en sendas edicións inverno/verán no noso Concello sexa hoxe noticia pola actuación do bipartito AM-PSOE. A cuestión que os populares discuten non é outra que a decisión consentida polo alcalde, J.M. Pérez, na que se estableceu segundo a publicación das RRSS do Concello de Melide unha clara diferencia na participación e na cota que voluntariamente os comercios sufragaban para financiar o evento entre socios e non socios de ASETEM: os non socios terían que pagar 30 € quedando en suspenso a cantidade que aportarán ou deberán aportar os socios da entidade.

Dende o PP de Melide sinalan que este foi sempre un evento aberto a todos os comercios da vila independentemente da política de socios da asociación de empresarios como non podería ser doutro xeito. "Un evento pagado cos nosos impostos non pode establecer ningún tipo de discriminación entre uns comercios ou outros" sinala Dalia García, quen apunta ademais que é a primeira vez que isto sucede, cuestión que ademais é de dubidosa legalidade. O MERCAMELIDE é un evento municipal para o cal no orzamento se estableceu polo edil de facenda, X. Igrexas un montante de 12.000 euros sen contar coa subvención nominativa que se lle outorga á entidade para outras cuestións (4.000 euros). "Son 12.000 euros de todos os melidenses polo que o trato debe ser igularitario e as condicións de participación abertas e públicas para todos os comercios" sinalan dende o grupo popular.