O PP de Melide confirma que estaba no certo: a persecución penal do bipartito AM-PSOE cara as empresas do parque emrpesarial da Madanela está arquivada

14.06.2022
  • O PP de Melide advertiu no seu momento da mala praxe que supuxo que. AM-PSOE xudicializara un proceso administrativo de depuración de responsabilidades e o convertese nun proceso penal.
  • Preto de 9.000 euros do peto dos melidenses para pagar un avogado tendo un servizo xurídico contratado que lle custa aos melidenses preto de 54.000 mil euros e centos de horas malgastadas de técnicos e persoal xurídico do concello para que o xulgado de 1º instancia de Arzúa arquivase a causa.
  • O PP de Melide vén de coñecer esta información dous meses depois de terllo preguntado ao goberno de Pérez-Prado, o que confirma a súa tese: este proceso lonxe de solventar un problema o que pretendía era politizar un desastre natural que todos lamentamos. Lonxe de traballar activamente para executar a obra, a piques de cumprirse 3 anos e coa solución na sua man o goberno de AM-PSOE amosase estancado ante a realidade, sinala a portavoz popular, Dalia García.

Melide, 11 de xuño de 2022.- O PP de Melide vén de coñecer que a demanda polo penal que AM-PSOE interpuxo fronte a dúas empresas melidenses polos vertidos acaecidos ao rego Piñor o pasado xullo de 2019 está arquivada. 

Así o confirma o goberno local ao fío dunha pregunta realizada polo Grupo Popular no pleno ordinario do mes de marzo. "Tardamos en que Pérez e Prado contesten ao que se lle pregunta pero isto so confirma as nosas sospeitas: todo o mal que se lle fixo ao nome de Melide, aos empresarios que decidiron investir e dar traballo á xente de Melide, so tiña un fin e era a persecución política das antecesoras no cargo de alcaldesas" sinala a portavoz popular Dalia García. 

Os populares advertiron no seu día que era un erro iniciar un procedemento penal sen depurar responsabilidades administrativas e este arquivo vén a refutar o que xa tiñamos claro. Ademáis, informan dende o grupo popular, que o goberno bipartito municipal terá que dar as explicacións oportunas do gasto extra que supuxo esta decisión errada, xa que polo momento os populares están estudando as facturas pagadas a un avogado co que se pactou un total de preto de 15.000 euros pagados xa case 9.000 euros de anticipo cando o Concello de Melide contrata en exclusiva a un asesor xurídico que custa ao peto dos melidenses preto de 54.000 euros. 

O agravio que se lle fixo a Melide e aos melidenses cunha decisión que so perseguía un rédito político é responsabilidade de Pérez e do seu goberno, asunto polo que terá que dar as explicacións oportunas, sinala a portavoz popular, Dalia García, quen indica ademáis que informarán debidamente a veciñanza sobre este tema. 

Artigos de prensa que se fan eco desta noticia: 

La Voz de Galicia 

Bisbarra

Ecos da Comarca