O PP de Melide comprométese a recuperar a saúde medioambiental do Río Furelos se goberna a partir do 28M

- A candidata á alcaldía de Melide, Dalia García, presentou esta tarde perante os medios o compromiso público e firme de recuperación do Río Furelos se alcanzan a maioría o vindeiro 28M nas eleccións municipais.
- García, acompañada de demais membros da súa candidatura, presentou ademais un proxecto de remodelación total da área fluvial de Furelos que engloba a posta en valor da zona como enclave turístico e natural en pleno Camiño de Santiago.
- "Ter responsabilidades de goberno é moito máis que un slogan" sinalou García, quen asevera que de conquistar á alcaldía o vindeiro 28M conseguirá os fondos suficientes para executar unha remodelación integral do Río Furelos.
Melide, 2 de maio de 2023.-. O PP de Melide vén de comprometerse a executar o proxecto de Augas de Galicia que recuperará o cauce da zona de baño do Río Furelos nos 100 días de goberno se alcanzan a alcaldía o vindeiro 28 de Maio.
García acompañada de demais membros da súa candidatura sinala que o proxecto do PP é un proxecto sólido e responsable e por iso, non so se recuperará o cauce e a zona de baño, cuestión que pon en evidencia a falta de traballo do actual goberno municipal, senón que o PP buscará os fondos para que a Área Recreativa de Furelos sexa un referente na comarca: novas piscinas, nova área de merendeiros, así como instalación de zonas infantís e de relax para as familias para facer de Furelos o epicentro do turismo natural e de interior do cerne de Galicia.
O equipo de Dalia García inicia así unha rolda de propostas irrenunciables para Melide e os Melidenses que teñen como finalidade "situar ás persoas no centro das políticas, incrementar o benestar da vila na que vivimos para que os mozos e mozas, cativos, familias deixen de ir a outras vilas a desfrutar do seu tempo de lecer porque en Melide non temos unha área recreativa en boas condicións".