O PP de Melide celebra unha reunión informativa sobre axudas á rehabilitación
- A PP de Melide vén de realizar unha xuntanza informativa á que asiste o Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo co fin de asesorar e incentivar á veciñanza a solicitar axudas e mellorar así a vila.
- Rehabilitar ou mellorar en eficiencia enerxética é fundamental para os impactos beneficiosos primeiro no medio ambiente e segundo na propia economía local sen esquecer a idea dun Melide fermoso.

Melide, 29 de marzo de 2023.-. O DX de Vivenda e Solo, Heriberto García realizara esta tarde en Melide unha xuntanza informativa que terá lugar no Telecentro da Cooperativa CLUN, na Codeseira Melide.
O PP inicia así unha rolda de contactos informativos sectoriais co fin de levar a información á veciñanza, aos sectores administrativos da vila, aos almacén e deseñadores técnicos (aparelladores e arquitectos e outros profesionais técnicos) así como a veciñanza en xeral co fin de ofrecer información á par que formación para incentivar as políticas de rehabilitación e rehumanización da vila.
Dende o Grupo Municipal Popular consideran que a información e fundamental e así o teñen constatado xa que son moitos os veciños e veciñas que se viron beneficiados por algún tipo de axudas, ben de alugueiro, ben de compra de vivenda en concellos de menos de 10 mil habitantes ou de fermosismo que se teñen asesorado dende a sede municipal.
Dende o PP consideran trascendental que se siga nesta senda de solicitudes co fin de ter un impacto económico e urbanístico así como poboacional, de aí a apostar por este tipo de reunións sectoriais informativas.