O PP de Melide celebra unha reunión informativa coa veciñanza de Piñor

02.10.2022
  • O grupo municipal do PP de Melide celebrou unha reunión informativa coa veciñanza de Piñor ante o interese que manifestou parte deste lugar sobre os instrumentos de ordenación do terreo rural.
  • A portavoz popular, Dalia García, acompañada do xefe territorial de M.Rural, J. Manuel Maneiro, expuxeron ante a veciñanza as diversas formas de ordenación do territorio para que a partir de agora, sexan os veciños e veciñas quenes decidan cal é o mellor camiño a seguir.

Melide, 3 de outubro de 2022.- O Pp de Melide considera que é fundamental manter o contacto coa veciñanza e por iso, ante a demanda de información o PP responde con xuntanzas útiles e produtivas de maneira que se leva información de primeira man e se recollen as inquedanzas do territorio. Así as cousas o pasado venres o PP organizou unha reunión para que a xefatura territorial de M.Rural poidese informar de primeira man aos veciños e veciñas desta parroquia sobre dos instrumentos máis idóneos para organizar o territorio. "Sabemos que unha organización da terra práctica e últil supón riqueza e asentamento de poboación no rural, así o experimentamos noutras zonas de Melide, onde hai anos que a terra está concentrada, como por exemplo, Maceda-Orois" sinalou a portavoz melidense, Dalia García.

Poligonos agroforestais, a figura novedosa que pode adecuarse ás demandas veciñais

O xefe territorial de M.Rural expuxo diversas ferramentas de ordenación do territorio: a concentración pública, a concentración privada e por último os poligonos agroforestais que resultaron ser unha ferramenta atractiva para esta zona de Melide. Agora serán os veciños quenes decidan, coa información na man, cal será o instrumento para levalo adiante, e dende o PP de Melide estaremos en contacto permanente coa Xunta de Galicia para poder resolver calquera dúbida ou axudar cos trámites, estamos ao servizo de Melide e os seus veciños, din os populares.