O PP de Melide asina unha Declaración Institucional para adicar a Medalla de Ouro Melide a todos os colectivos locais implicados na loita contra a pandemia COVID-19

25.06.2022

O PP de Melide presentou no último pleno ordinario unha proposta para impoñer a Medalla de Melide na súa categoría de Ouro, como símbolo de recoñecemento e máxima distinción melidense, e varios colectivos que tiveron un papel fundamental na loita contra o COVID-19 nos peores momentos. 

As Medallas de Melide non se organizaron nin no ano 2019 nin nos anos 20/21, estos dous últimos anos por mor da pandemia. 

Así as cousas, votouse por unanimidade dos tres grupos políticos presentes na corporación (PP, AM e PSOE) despois dun debate no que se chegou a un punto de entendemento, cuestión que o PP de Melide aplaudiu nunha cuestión na que defendemos que non hai lados nin cores políticos, que a Medalla de Melide na sua categoría de Ouro nesta edición 2022 se impuxera a todos aqueles colectivos melidenses que tiveron un papel  prioritario na loita contra a pandemia.  

Para organizar o acto, propuxose no pleno do pasado 7 de xuño de 2022 asinar unha declaración institucional que recollese o espíritu da moción aprobada, que o PP ven afirmar e será aprobada o mesmo día de San Pedro, 29 de xuño, patrón de Melide, día no que se celebrará o acto.  

Todo recoñecemento é pouco para aqueles colectivos melidenses que naqueles días, semanas e meses tan escuros nos tendían a man trasmitindo esperanza e folgos para seguir loitando. Para eles e por eles, este merecido recoñecemento. 

Deixamos un recordo fotográfico da celebración do día do patrón que se viña realizando anteriormente.