O PP de Melide agarda que o bipartito AM-PSOE ratifique e inclúa na promoción da XXX Festa do Melindre o logo da Xunta de Galicia

- Os populares de Melide veñen de detectar que nos carteis promocionais que circulan polas RRSS institucionais do Concello a Festa do Melindre e da Repostaría tradicional da Terra de Melide, cualificada como Festa de Interese Turístico Galego non se acompaña co logo da Xunta de Galicia quen financia tamén o evento.
- "O maniqueísmo do alcalde e do seu goberno non ten límites" sinala a portavoz do PP de Melide quen demanda ao bipartito AM-PSOE que inclúa o logo da Xunta que colabora coa festa dende que foi declarada Festa de Interese Turístico galego durante o mandato popular 2011-2015.
Melide, 11 de abril de 2022.- O goberno bipartito de AM-PSOE vén de anunciar nas RRSS a programación da XXX Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide.
O PP de Melide lamenta que no cartel promocional da Festa o Concello de Melide "esqueza" o logo da Xunta o que é a Administración que certifica que o Melindre sexa Festa de Interese Turístico non apareza a pesar de ser obrigatorio pola Lei de Subvencións de Galicia.
O PP advirte do erro e demanda do goberno de Pérez que se subsane e que non se poña en risco a subvención que se percibe da Xunta de Galicia da DX de Turismo pola práctica do "maniqueísmo" manifesto do bipartito AM-PSOE.
"É inaudito que o goberno do Concello de Melide non saiba nin comportarse institucionalmente coas directrices que legalmente lle competen" sinala a portavoz popular Dalia García, quen a súa vez "insta a que se corrixa inmediatamente" este "suposto erro" na promoción da festa.