O PP de Melide advirte unha vez máis de “graves incumprimentos” económico-financeiros do bipartito Pérez-Prado
- Os populares melidenses veñen de analizar os últimos informes de Intervención Municipal onde claramente "se informa desfavorablemente" de maneira reiterada pagos e programas executados polo bipartito encabezado polo alcalde X.M. Pérez.
- Dalia García, portavoz dos populares melidenses sinala "Existen so en materia de pagamentos de facturas 26 informes de intervención desfavorables que advirten de incumprimentos reiterados a pesar de que o bipartito AM-PSOE sáltase trámites económico financieros aconsellables polos Tribunais, como é o caso de contratar tan so cunha oferta cando antes constaban a lo menos tres en cada expediente"
Melide, 3 de outubro de 2022.- O Pp de Melide vén de analizar a información que dende o departamento de Intervención municipal vén de dar conta o bipartito melidense. Entre as principais conclusións que extraen os populares é que constan a lo menos 26 informes de facturas informadas desfavorablemente onde se atopan anomalías -entre outras- en canto aos contratos menores. Sobre desta cuestión chama a atención a portavoz popular, Dalia García quen sinala "quixeron confundir a proveedores, empresarios e mesmo veciños e veciñas no ano 2019 negandose a pagar as facturas que o PP deixara recoñecida e agora, levan tres anos, contratando recorrentemente cos mesmos proveedores, sobrepasando os contratos menores en contía e en duración, non regularizando moitos dos contratos que lle recriminaban ao PP...etc., cuestións que a nosa formación sempre denunciou, pero que, agora, a Intervención Municipal recolle nas conclusións dos seus informes que pouco a pouco iremos facendo públicos".
"Nulo cumprimento do Plan de control interno"
O Pp de Melide tamén estuda as medidas a tomar ante as decisións en materia económico-financiera do bipartito Pérez-Prado. Preocupa os populares que o alcalde, J.M. Pérez se escude continuamente no cumprimento dun plan de acción realizado no ano 2020 que suspenderon de inmediato e que no que agora se escudan para seguir cometendo irregularidades.
Literalmente o informe de Intervención Municipal referido ao grao de cumprimento deste plan na anualidade 2022 emite a seguinte conclusión "En primeiro lugar, é preciso sinalar que do informe emitido pola intervención municipal deref.:236M/2022, do 4 de xullo de 2022, que leva por asunto: "Informe resumo anual sobre control interno: exercicio 2021" despréndese novamente, ao igual que no exercicio anterior,o baixo grado de cumprimento das medidas adoptadas no Plan de acción de 2021, polo que serecomenda encarecidamente por parte desta intervención municipal a aplicación efectiva dasmedidas propostas nos correspondentes Plans de Acción que se elaboren a tales efectos".
Unha vez máis o PP constata a nula xestión levada a cabo polo bipartito AM-PSOE: menos servizos, máis impostos e taxas nunha situación económica moi delicada para a poboación en xeral pero da que Melide, desgraciadamente non é alleo, reitera García.