O PP de Melide advirte da necesidade de manter abertos os servizos públicos culturais como a Biblioteca Municipal nos períodos vacacionais
- Durante todo o Nadal a Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor pechou as súas portas sen dar explicacións por parte do Departamento de Cultura do Concello de Melide deixandoo sen servizo aos estudantes, cativos/as e usuarios nun período de lecer coma o Nadal, onde a Bilblioteca debería ser unha opción cultural máis.
- "Garantir os servizos públicos sempre foi a nosa máxima" sinala a portavoz popular, Dalia García quen afirma que "cando un veciño ou veciña se achega ao Multiusos para acceder a este servizo durante case máis de 3 semanas o que se atopou foi unha porta pechada, sen información e sen alternativa".
Melide, 10 de xaneiro de 2023.- O PP de Melide reclama que a Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor se manteña aberta nos períodos vacacionais garantindo o servizo cultural a centos de usuarios.

"Foron moitos os usuarios e estudantes que se puxeron en contacto coa nosa formación ao atoparse esta instalación pechada sen alternativas para acceder a lectura ou ao estudo, simplemente porque non se planificou axeitadamente as quendas de vacacións do persoal municipal dende o Departamento de Cultura; a esta concellería se lle fixo chegar reiteradamente esta necesidade sen que ninguén collera o teléfono", atestemuña a portavoz popular, Dalia García.
O resultado desta deixadez de funcións por parte do bipartito AM-PSOE é que non se desfrute dun servizo público fundamental para a cultura na vila, incentivar a lectura e as actividades culturais xustamente nun período vacacional non que tampouco se formularon actividades de conciliación por parte do goberno de Pérez.
"Cando os que teñen responsabilidades de goberno están máis preocupados por si mesmos que pola xestión pública suceden estas cousas, esquecense dos servizos máis básicos para familias, cativada, usuarios e estudantes, que están en pleno mes de exames" sinalan os populares melidenses.