O PP de Melide advirte a perda de importancia que está sufrir Melide logo de máis de tres anos coa piscina climatizada pechada

23.09.2022
  • O PP de Melide lamenta que logo de tres anos e medio e froito do "desastre de xestión dun bipartito perdido e máis preocupado polos intereses persoais que polo interese xeral de Melide" a piscina climatizada fique un septembro máis coas súas portas pechadas.
  • Dalia García, portavoz do PP de Melide, destaca que "o bipartito de Pérez e Prado utilizou a piscina climatizada municipal como unha arma política na anterior campaña electoral; así as cousas hoxe atópase pechada obrigando a toda a vila a desprazarse, cos custos desorbitados dos combustibles e a incompatibilidade de axendas en canto a horarios de conciliación familiar a desprazarse a outras vilas veciñas, as cales se nutren de centos de persoas de Melide"
  • A política de porta pechada do bipartito de Pérez-Prado provoca que Melide día a día perda preponderancia, que os nosos cativos teñan máis dificil aprender a nadar, que os nosos mozos non poidan facer deporte libremente sen depender dun coche e que os nosos maiores non se beneficien dos aspectos positivos de facer deporte nunha instalación que cumpría con todos e cada un dos informes sanitarios favorables.

Melide, 23 de septembro 2022.- O PP de Melide denuncia que logo de tres anos de goberno bipartito AM-PSOE a piscina climatizada municipal fique pechada. "Non hai excusa para tal desproposito, apunta a portavoz popular, Dalia García, quen defende que este feito está sendo unha eiva para Melide e os melidenses que co goberno bipartito de Pérez e Prado pagan máis impostos e teñen menos servizos, de entre estos, un que o PP considerou e considera fundamental: a piscina climatizada". Tres anos perdidos, tres anos de perdida continuada de mozos e mozas que se teñen que desprazar a outras vilas, tres anos nos que as familias teñen que pagar do seu peto o desprazamento a outros lugares se queren facer deporte, coidar a saude ou mesmo desfrutar dun anaco de ocio-deportivo, sinalan fontes do PP de Melide.

Este ano é máis escándaloso se cabe xa que levamos tres plenos de orzamentos nos que o edil de deportes e o tenente alcalde mellor pagado de Galicia, J.A. Prado García co beneplácito do alcalde, J. M. Pérez minten descaradamente aos melidenses; "se no ano 2020 ían abrir a instalación en 6 meses, tres anos despois e apenas a 250 días dunhas eleccións municipais aproban un crédito extraordinario para facer unha obra cuxo presuposto alcanza case o millón de euros como excusa para evitar as criticas que día a día reciben pola falta desta instalación; dende o PP sinalamos que Melide non necesita máis mentiras, máis promesas fallidas senon que o que necesita é un goberno preocupado polo interés dos melidenses e por abrir novamente as portas dun servizo que o PP sempre considerou prioritario e esencial, sinala a portavoz melidense, Dalia García "