O PP de Melide achaca deixadez e falta de previsión ao tripartito melidense na xestión das piscinas descubertas do Río Furelos

29.08.2023

  • O goberno tripartito melidense "quédalle grande" a xestión municipal ao demostrar o PP unha vez máis a falta de mantemento, previsión e investimento nunha área recreativa fluvial que ano a ano perde preponderancia e público a favor doutras piscinas e espazos naturais da comarca.
  • "Os vasos das piscinas lonxe de ter un mantemento adecuado verten continuamente auga cara o exterior facendo do céspede unha auténtica braña, por non mencionar a situación do Río Furelos, sen data de comezo da obra para eliminar a situación de lodazal na que se encontra" sinalan dende o grupo popular municipal.

Melide, 29 de marzo de 2023.-. O PP de Melide alerta da situación na que se atopa a área fluvial do Río de Furelos, que dubidan, pase os exames necesarios de Sanidade Pública. 

O PP de Melide recibiu varias queixas de usuarios e usuarias nestes últimos días de verán que alertaban sobre o estado das piscinas descubertas de Melide. O tripartito melidense encabezado polo alcalde J.M. Pérez xunto cos seus cómplices o BNG e o PSOE estivo máis entretido e preocupado de amañar os soldos e as súas liortas internas sobre competencias que en gobernar e xestionar o máis básico para os melidenses: a lo menos unhas piscinas descubertas decentes para desfrutar do verán e mitigar as vagas de calor

"Xa non hai excusas nin culpables, o tripartito tiña que ter feito os deberes e a realidade é que Melide perde preponderancia neste eido como noutros moitos" sinala a portavoz popular, Dalia García, ao sinalar que "a situación do río é moito peor da que analizamos no anterior trimestre e a apertura das piscinas descubertas puxo enriba da mesa a realidade: nulo investimento e nulo mantemento en 4 anos de bipartito AM-PSOE que agora teñen consecuencias: a zona que perimetra as piscinas está chea de barro e o río inservible para o baño e para o desfrute dos veciños e veciñas e de quenes nos visitan cada ano na tempada de verán, algo vergoñento para un goberno que herdou 4,5 millóns de euros en aforro municipal" sentencian dende o grupo municipal popular.