O PP de Arzúa, Melide e Santiso presentará unha moción nos vindeiros plenos para instar ao PSOE estatal a manter os servizos públicos de transporte no interior coruñés

23.04.2022
  • Os portavoces dos concellos de Arzúa, Melide e Santiso reuníronse onte en Melide para tratar asuntos de interese comarcal entre os que destaca a preocupación dos populares polas propostas do plan nacional de transporte que na súa aprobación inicial prevé a eliminación de puntos de parada entre Santiago e Lugo o que implicaría un serie prexuízo aos veciños, ao comercio, á hostelería, ao Camiño de Santiago, entre outros, destas vilas.
  • "Non podemos ser cómplices dos recortes en servizos públicos do goberno de Sánchez e Podemos alleos e insensibles as realidades dos nosos territorios "sinalan os portavoces municipais motivo polo cál, presentarán nos vindeiros plenos, unha moción para que os concellos onde desenvolven a súa labor tomen en consideración esta problemática e non sexan cómplices silenciosos de Sánchez", destacan os populares de Arzúa e Melide onde o PSOE goberna en coalición con independentes (ex BNG en ambos dous casos).

Melide, 23 de abril de 2022.- Arzúa, Santiso e Melide únense unha vez máis para demandar dos gobernos municipais unha resposta clara e contundente que vaia máis aló dunha misiva á Ministra de Transportes para rexeitar o recorte en servizos de transportes no interior coruñés sinalan os populares. 

Portavoces de Arzúa, Melide e Santiso nunha das paradas que prevén se suprima se o goberno central aproba onovo Plan de Transporte.
Portavoces de Arzúa, Melide e Santiso nunha das paradas que prevén se suprima se o goberno central aproba onovo Plan de Transporte.

Rafael Ribadulla, Dalia García e Matilde Pallares (portavoces de Arzúa, Toques e Santiso), sinalaron onte nunha reunión comarcal en Melide, -onde analizaron as decisións tomadas na aprobación inicial do plan de transportes por parte do goberno de Sánchez-, que de ir adiante este documento e aprobarse así a lei "supoñería un esmorecemento progresivo das nosas vilas mingüando servizos tanto para veciños como para o propio Camiño de Santiago, en definitiva, condenando ao desterro ás vilas das nosas características que por cuestións sanitarias, laborais e de servizos centrais acoden á capital galega ou a cidade da muralla diariamente ademais do movemento entre os concellos da comarca que se produce mediante este medio de transporte que está máis que consolidado no territorio"

"O mapa proposto polo Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana é un auténtico despropósito que non contempla a realidade Galega, é dicir, a convivencia entre o rural e o urbano ademais da dispersión poboacional propia do territorio" sinalan os populares, motivo polo cal instan a que os gobernos bipartitos locais de Arzúa e Melide onde o PSOE é socio necesario así como o alcalde de Santiso (BNG) tome conta da situación e haxa unha resposta unánime a un problema creado en Madrid debido "á ansia de Sánchez de recortar servizos públicos dependendo e que territorios en aras da supervivencia do goberno Frankestein que estamos a sufrir"