O membros do grupo municipal do PP de Melide asistiron aos actos institucionais da XXX edición da Festa do Melindre e da Respostaría Tradicional da Terra de Melide
Dende o PP de Melide queremos felicitar a todos os Embaixadores desta trixésimo edición da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide. Eles engrandecerán o xa amplo palmarés de Embaixadores e Embaixadoras aos que se lle encomenda promocionar os reises das sobremesas: Os melindres, os ricos e os amendoados.
Así tamén, queremos facer un fincapé especial na única muller embaixadora desta edición, e ademáis pregoeira, Cristina Pampín, a quen lle agredecemos a súa disposición e lle encomendamos a que siga sendo tan boa embaixadora como ata o momento da nosa terra e dos nosos doces, Cristina Pampín.

Agardamos que as casas resposteiras melidenses que conservan a tradición actualmente e que estiveron presentes na festa nesta edicción: Tarrio, Tahona, Estilo, Trisquel e Panadaría Toques tiveran unha boa acollida do produto.
Por outra banda, non podemos deixar de agradecer a participación dos stands visitantes e locais que igualmente incrementan o valor gastronómico da festa así como a Artesanía de Galicia que, ao noso humilde parecer, debería ter ocupado o mesmo lugar que tiña sempre nas edicións anteriores, (a continuación dos stands gastronómicos) xa que se os responsables municipais se pasaron a falar cos artesáns, farán, polo ben de Melide, exáme das decisións tomadas sobre os cambios de localización desta parte da festa.
Non podemos finalizar este post sen lembrar aos que recentemente nos deixaron e que a pesares de que esta XXX edición da Festa do Melindre supón a consolidación da mesma como a cita máis doce de Galicia por antonomasia, non se puido evitar un regusto amargo: Suso do Estilo, Carmiña de Litera e Próspero non puideron desfrutar dese sinalado café con melindres, ricos e amendoados nesta 30 aniversario da festa.
Por eles e todos/as os/as que os antecederon na partida, un recordo merecido por trasladarnos a tradición que atesouraban nas súas mans ata os nosos días.