O indefenso patrimonio público melidense

26.08.2019

Agosto sempre foi un mes de acollida hospitalaria para a nosa vila. Pero se algo sempre foi agosto é o mes do San Roque, do noso santo peregrino máis internacional. Dende o Partido Popular loubamos a labor de calquera asociación ou comisión, grupo de persoas que organice un evento para beneficio de lecer da súa veciñanza, vaia por diante, polo que paramenizamos tamén a labor desinteresada da Comisión do San Roque 2019 e todo o seu traballo no programa de festas. 

Sen embargo, unha comisión, asociación, ou grupo quedará sempre orfo sen un apoio institucional firme e decidido e necesariamente colaborador no desenrolo dos festexos máis recoñecidos da vila. É labor do goberno municipal distribuír os espacios, organizar o tráfico, manter a limpeza a raia en cada rúa de Melide así como a sana convivencia entre a vida diaria dos que traballan co lecer da noite. 

Unha das primeiras eivas comenzou cando o goberno municipal foi incapaz de proveer ao público asistente de asento o día 15 de agosto, o día adicado á música clásica en Melide. A Orquestra de Cámara Galega viu minguado o seu público cando na maxestuosa praza do Convento da vila tan so había, máis menos, 80 cadeiras para o público cando o normal nestas ocasions era de 500-700 localidades dispoñibles para desfrutar do concerto de verán ao ar libre do mestre Groba. O enfado e a crítica do artista foi bestial ao ver ao público desfilar cara outros eventos da vila por non contar con cadeiras suficientes e dispoñibles na praza. Non é un erro de principiante, que podía ser a excusa tanto do concelleiro estrela deste goberno responsable da materia, Xosé Igrexas, como do máis caro deste pacto de perdedores, o tenente de alcalde Don 43, J.Antonio Prado, un sentado na terraza dun establecemento cercano, e outro, asistindo atónito a tal panorama sen poder levarse á palma. Esta situación xa se dera co galo da celebración das festas do Carme da vila, cando para desfrutar das bandas de música tampouco houbo posibilidades de contar cunha cadeira. Depois do tirón de orellas público a reacción viuse chegar nunha furgoneta cargada de cadeiras dende o veciño concello da Ulloa. 

O periplo destos 10 días de festa non ficou no que poderíamos calificar da anécdota do mestre Groba. As prazas recentemente rehabilitadas como é o caso do Cantón de San Roque, en pleno corazón do Camiño de Santiago foron invadidas por trailers, postos, atraccións e ata o que ven sendo un "carro da festa" que proveía bebidas a quenes desfrutaban da verbena diaria. As tres bandas cambiaron de sitio dependendo do día, como se dunha montaña rusa se tratase, un día arriba outro día abaixo, e o finalmente celebrado con éxito Día da Bicicleta consitiu nun hacinamiento sen precedentes para os participantes no que quedaba de praza tanto na saída como no sorteo. 

Conxuntamente con estos feitos, a falta de control do alumeado público tivo como consecuencia múltiples avarías  poñendo en risco tanto a quenes "puenteaban" a luz como a quenes viñan a desfrutar da festa, permanecendo ditas accións impasibles ante os ollos de quenes nos gobernan. A Xunta de Galicia financiou as obras de rehabilitación do Cantón de San Roque e Avenida de Lugo con 400.000 €, dita restauración viuse atacada cando a praza tivo que soportar tonelaxes non permitidos así como o feito de talar unha árbore, supoñemos, para poder poñer o palco. Non sabemos se o goberno local de Pérez e Prado foi copartícipe de tales actos, ao noso xuízo, vandálicos, pero a calada por resposta foi novamente o seu modus operandi.  

A recente explanada do parque Rosalía de Castro tampouco se librou dos ataques ao patrimonio. Dende a retirada do parque dos cativos e cativas sen posterior sinalización adecuada ata o destrozo literal da explanada onde se localizaban os aparellos de ximansia biosaudable. Suciedade e aceite queimado serán os compañeiros de viaxe do Cantón e da explanada do parque Rosalía, e todo isto porqué? Por unha ausencia manifesta de responsabilidade, control e coidado do público dos nosos gobernantes. 

Tampouco sabemos porque o alumeado das festas foi retirado da rotonda tres días antes de que rematara o programa. Lamentamos que ditas accións nos saían caras a todos os melidenses xa que seremos nós, os veciños e veciñas, quenes paguemos os pratos rotos deste desaguisado.