O goberno do retroceso chámase AM-PSOE

29.11.2021

A pasada semana tivemos un pleno extraordinario e urxente ás 9.00 h da mañá. O motivo non foi outro que reservar un millón e medio de euros para a canalización das augas do parque empresarial da Madanela á Depuradora municipal. 

Este mesmo pleno tivemolo hai xustamente un ano, onde se reservou unha cantidade semellante, 1,4 millóns de euros. 

Isto levanos a puntualizar varias cousas: 

  • Se o bipartito dos independentes de Pérez e do PSOE de Prado pode reservar 1,5 millóns de euros é porque o PP durante os seus mandatos non dilapidou á facenda municipal e aforrou recursos: 4,5 millóns de euros de aforro municipal
  • Se ten un proxecto que solventa o problema, alcalde, é porque a Xunta, esa administración a que tanto critica, lle redactou o mesmo, lle propón que depure ás augas na EDAR municipal que non lle custa un céntimo aos melidenses
  • Molestalle a vostede e aos seus que outros concellos teñan investimentos da Xunta; pero mire, vostede tamén os ten, e non é polo traballo que lle custou conseguilos. 
  1. Inauguración do Centro de Saúde no seu mandato froito do traballo das anteriores corporacións: 3,2 millóns de euros. 
  2. Saneamento de Santa María - O Rañado, primeira fase e comprometida á segunda. 
  3. Colaboración técnica constante con Augas de Galicia froito da cal aprobaron vostedes a ordenanza de depuración de augas. 
  4. Proxecto de canalización de augas do parque empresarial da Madanela á Depuradora.
  5.  Proxecto de eliminación de lodos do Río Furelos.
  6. Mantemento e mellora da Depuradora Municipal: INTEGRO

Cómpre recordar que a Depuradora Municipal supuxo un investimento de 7 millóns de euros pagados pola Xunta de Galicia. 


A nosa portavoz, Dalia García, puntualizou estos aspectos no pleno municipal aínda que non puido respostar á "demagoxía" das últimas intervencións dos grupos municipais pola política de "rodillo" que aplican.