O Concello de Melide, aprobar a OPE á que obriga a Lei 20/21 "in extremis"
O pasado 31 de maio de 2022 saiu publicado no BOP da provincia, número 102, a Oferta de Emprego público na que o goberno bipartito AM-PSOE aprobaba a estabilización de emprego temporal dun total de 29 prazas.
Podes consultar aquí as prazas que se consolidan.
O que non dí o bipartito municipal de Adiante Melide e o seu socio necesario, os socialistas de Melide, é que o que se estabiliza son postos que non persoas e que ademáis, este é un proceso OBRIGATORIO POR UNHA LEI ESTATAL, é dicir, non parte de motu propio do bipartito de Adiante Melide e PSOE.
A Lei estatal 20/21 de 18 de decembro afirma que quere acabar coa temporalidade nas Administracións entre as cales está o Concello de Melide e obriga a aprobar a Oferta de Emprego público antes do 1-06-2022 así como realizar as convocatorias antes do 31.12.2022 tendo como horizonte temporal o 2024. O goberno de Pérez vén de publicar a Oferta de Emprego Público o último día do prazo legalmente establecido.

Ata aquí, todo correcto, é dicir, supón a adaptación dunha normativa estatal propiciada polo PSOE e Podemos que ten implicacións xurídicas que aínda están sen definir e que afectan ao noso Concello e aos seus trabalaldores.
Do que non informa o alcalde J.M. Pérez e o seu goberno é do seguinte:
Os procesos de estabilización teñen que facerse por dúas vías:
- O concurso - oposición: para postos ocupados temporal e ininterrrompidamente nos 3 anos anteriores ao 31 de decembro de 2020.
- O concurso de méritos como sistema excepcional: para prazas que etivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.
O PP de Melide, así como outros moitas formacións pregúntase:
- Que vai pasar no caso do concurso de méritos se non se permite utilizar criterios que primen máis ao persoal que xa está prestando servizo nesa administración?
- Existe o risco de que non acaden a praza e sí o faga outro persoal con máis puntos que proveña doutras administracións.
O PP de Melide está a espera de recibir as actas e os informes das Xuntas de Goberno Local para poder informar de primeira man das implicacións deste proceso aos traballadores afectados.