O bipartito AM-PSOE vive das rendas dos gobernos do PP
A páxina institucional e as redes sociais de todxs os melidenses vense de converter nos últimos tempos na páxina propia de Adiante Melide ou do PSOE local. Iremos destapando as "trampas"deste goberno.
Hai múltiples exemplos da demagoxia que o bipartito utiliza para modular a opinión pública.
Véxamos tan so dúas dos últimos días:
Publicación do 10 de novembro de 2021 nas RRSS do Concello de Melide:
Axudas a prol da natalidade 2021
Estas axudas iniciáronse no ano 2017 (mandato do Partido Popular). Nese pleno dos orzamentos o actual tentente alcalde mellor pagado de Galicia, J.A Prado, (PSOE) cansouse de criticar a iniciativa.
Resultado: 2 anos despois seguen mantendo a axuda.
Como cambia o conto!
Traballos de mellora na pavimentación do rural
O bipartito AM-PSOE presume de oito actuacións no rural:
- Pista Ponte da PEdra
- Pista a Xubial
- Pista acceso ao Ribeiro
- Ramal á Pista a Martagona
- Pista a Penacova
- Acceso á Igrexa de Folladela
- Acceso ao Casal
- Pista de acceso a Marcoraos
Estas actuacións foron xestionadas e presupestadas polo goberno do PP: corresponde ao Plan de Obras e Servizos do ano 2018 que se xestiona no ano 2019.
Aquí está a proba:
- Enlace ao proceso de contratación onde se recoñece a licitación e a súa orixe:

- Enlace á páxina da Deputación da Coruña e os Plans de Obras e Servizos do ano 2019 de Melide:
https://www.dacoruna.gal/files/7515/2699/1211/MELIDE_POS__2018.pdf
Resultado: O bipartito AM-PSOE vive das rendas e os traballos do PP dous anos e sete meses despois.
Iremos desmontando as medias verdades dun bipartito AM-PSOE practica na política local.